Reizentolo e Romaxes de Crentes Galegos, premio Xoán Manuel Pintos

O galardón ten por obxecto recoñecer a labor de impulso da lingua galega e manter viva a figura do xurista e escritor do Rexurdimento

 23:53  

REDACCIÓN - PONTEVEDRA Reizentolo e as Romaxes de Crentes Galegos son os galardoados co premio Xoán Manuel Pintos, que otorga a Concellaría de Normalización Lingüística. Obteñen o premio nos ámbitos local e galego respectivamente.

O galardón ten como fin facer un recoñecemento público ao labor de impulso do uso da lingua galega e ao mesmo tempo manter viva a memoria do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos, figura central do Rexurdimento.

O xurado, formado polo edil Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Normalización Lingüística; Kiko da Silva Irago (premiado o ano pasado no ámbito local); Francisco Carballo Carballo; Engracia Vidal Estévez; Antón Prieto Méndez, representante do Colexio Profesional de Xornalistas; Dolores Valiño Ferrín, representante do ENDL do IES Torrente Ballester; Mercedes Vázquez Rodríguez, da asociación Máislibros; Xaquín Estévez Galiñanes, da asociación O Burgo; Ernesto Filgueira Touriño, da asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental; María Cuquejo Enríquez, representante da Administración autonómica, SXPL e Concepción Cochón Rodríguez, técnica de normalización lingüística no Concello de Pontevedra, acordou o premio.

Reizentolo é unha empresa local que, desde Pontevedra, conseguiu innovar o ámbito do téxtil con deseños e creacións na nosa lingua que teñen un forte vínculo coa cultura e a retranca galegas.

Crentes Galegos dende o ano 1978 veñen organizando no segundo sábado de setembro unha romaxe itinerante, fomentando desde a fe o compromiso coa lingua e coa cultura galega.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya