EN DIRECTO

A Mesa esixe á Diputación aclarar as contas das "xornadas bilingües" que patrocinou

Denuncia que o encontro custou 60.000 euros

 23:40  

REDACCIÓN - PONTEVEDRA O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, criticou duramente que a Diputación de Pontevedra non merque libros en galego e que teña apostado "polos sectores máis reaccionarios da sociedade" ao apoiar unhas xornadas organizadas por Galicia Bilingüe. Especialmente, a entidade adicada á defensa do galego reclama que se fagan públicas as contas dese encontro no que segundo unhas fontes participaron apenas 40 persoas, cifra que a organización eleva a 190.
"Segundo as nosas informacións as xornadas costaron 60.000 euros", criticou Callón, que acusou á Diputación de "galegofóbica" e denunciou que nesas xornadas non se escoitaron voces críticas (non se cursou invitación a ningún dos organismos, entidades e institucións académicas ou científicas galegas que poderían aportar outra visión no debate lingüístico) e serviron exclusivamente "para crear crispación e atacar á cultura galega".
Na opinión da Mesa Pola Normalización, as xornadas convocadas por Galicia Bilingüe foron en realidade "un monólogo de extremistas" no que non se facilitou a intervención de especialistas reputados do país.
Celso Callón entrevistouse onte con Rafael Louzán para trasladarlle estas críticas e, a propósito da merca de libros en galego, preguntouse "se os gobernantes da Diputación pensan que os libros escritos en galego teñen algo tóxico e por iso decidiron que non se compren máis desde a institución, como se viña facendo".
A Mesa pídelle á institución provincial unha política "verdadeiramente encamiñada á convivencia, á igualdade e á liberdade lingüística" e defendeu que se alguén honestamente defende o bilingüismo "o que teñen é que procurar que haxa igualdade de dereitos do galego o castelán, para o cal é necesario promocionar a lingua discriminada". Insistiu especialmente en que sin igualdade entre ambos idiomas "a liberdade lingüística é imposíbel".
Pola súa banda, o presidente da Diputación, Rafael Louzán, incidiu en que se tratou dunha reunión cordial na que lle regalou a Celso Callón "libros en galego editados pola Diputación e penso que se levou unha impresión gráfica de ver que a Diputación comunica todo en galego e nese apartado en concreto estará contento; probablemente no que non estará contento é con que a Diputación poña en marcha ciclos de debate sobre as dúas posibilidades que temos os galegos de falar galego e falar en castelán, eu díxenlle que ao mellor co tempo chegaríamos a un acordo aínda que o vexo difícil pola súa postura excesivamente radical".
Rafael Louzán tentou restar intensidade á polémica e convidou á Mesa Pola Normalización "a que nos plantexe algún tipo de proxecto, que se estudiará como debe ser".
O presidente da institución provincial non aclarou cal foi o coste das polémicas xornadas, pero dixo que non foron 60.000 euros. "Tivemos un pouco de debate", manifestou, "en relación a que durante o goberno do bipartito a Mesa recibiu centenares de miles de euros que eu tamén lle preguntaba porque me gustaría saber onde se gastaron e polo tanto a Diputación con absoluta transparencia dirá todo o que costaron as xornadas porque foi un foro de debate que a sociedade demandada e para as persoas que asistiron, que foron 197 e non 30 como din, foron moi productivas".
Rafael Louzán insistiu en que aqueles que traten de impoñer "que se fale única e exclusivamente nun idioma" equivócanse e defendeu "unha sociedade plural e un marco que nos permita falar en calquera dos nosos idiomas, respetar e coñecer o galego pero sin imposición, senón por consenso".

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya