Os dez anos, tres meses despois

O partido, que xa o celebrou en xullo, organizou un acto especial: "Mañá máis"

 01:49  

"O mellor está por vir", "Temos o único proxecto válido para esta cidade". Estas declaracións forman parte da arenga que onte pronunciou o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, aos compañeiros e simpatizantes que acudiron a un acto político, co que o BNG celebraba, de novo, os dez primeiros anos na Alcaldía, ao tempo que presentaba as liñas básicas do que agardan que sexan outros tantos no goberno local de Pontevedra.

REDACCIÓN - PONTEVEDRA Cando o pasado 3 de xullo o BNG de Pontevedra festexou os seus primeiros dez anos no goberno local, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, atopábase de baixa laboral, sometido a unha operación cirúrxica. Para darlle a oportunidade de festexar cos seus compañeiros e simpatizantes esta década ao fronte do Concello, o partido organizou onte, tres meses despois, un acto político, que tentou ser un repaso a estes dez anos de goberno e a exposición das liñas básicas do que agardan que sexan outros tantos ao fronte do Concello.
"Mañá Máis" foi o lema da convocatoria, que reuníu no centro social Caixanova a 150 persoas (o aforo completo da sala pequena de conferencias).
Lores tivo que facerse forte ante un auditorio de compañeiros e amigos, para manter a serenidade dun emotivo discurso, no que agradeceu os "moitos apoios" recibidos durante a súa convalecencia de dous meses. Mesmo asegurou que ao tempo que se enfrentaba ao bisturí na mesa de operacións, unha persoa pedía unha oración pola súa recuperación, nunha misa da igrexa de San Xosé. "Seino de boa tinta", asegurou aos seus simpatizantes.
"Queda moito por facer"
Xa na area política e no que calificou como "reincorporación á política municipal", expuso que "queda moito por facer", e que "o mellor está por vir". Denunciou os últimos intentos da Xunta de Galicia por "atrancar e revisar" proxectos importantes da cidade, así como a "clara aposta" do goberno autonómico e do Partido Popular que o sustenta pola cidade de Vigo e a súa área de influencia, en detrimento da capital.
Lores afirmou que o proxecto que está a desenvolver o BNG é "o único válido para esta cidade". O alcalde apuntou por dúas veces que está "a disposición" do seu partido e da cidadanía para seguir ao fronte do Concello. "Non empecei onte e non o vou deixar mañán", advertíu o rexedor. E chegou a asegurar que, de conseguilo, Pontevedra será nos vindeiros dez anos "a cidade mellor comunicada, con menos problemas de tráfico, coa mellor calidade urbana e a mobilidade do país".
"Estamos en condicións de construir un concello pioneiro en calidade de vida, cunha base produtiva diversificada, en sintonía co medio ambiente, cada vez máis xusta, máis solidaria e de maior cohesión social", sostivo o alcalde.
Para Lores a crise económica terá consecuencias inevitables para todos, pero desexou que unha desas consecuencias non sexa unha volta atrás na política local. "Non pode ter efectos como favorecer aos que queren meter a Pontevedra nun túnel, e nunca mellor dito", ironizou. Por iso o alcalde pedía aos seus corrilixionarios que non perdan "a confianza nas nosas posibilidades. Pontevedra ten un futuro explendoroso e o noso é o único proxecto válido", insistíu.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya