Música e palabra para un público de 0 a 3 anos

A Festa dos Axóuxeres, un espectáculo para bebés, recalou onte en Pontevedra no seu percorrido pola xeografía galega

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Os pais disfrutaron tanto coma os cativos.  // Rafa Vázquez
Os pais disfrutaron tanto coma os cativos. // Rafa Vázquez  

Achegar aos máis cativos á lingua galega a través da música e o teatro é o obxectivo da "Festa dos Axóuxeres", que percorre a xeografía galega e onte recalou na Praza da Ferrería de Pontevedra. Dúceas de bebés, pais, nais e avoas participaron onte nesta festa da palabra, que hoxe se traslada á veciña cidade de Vigo. Trátase dunha iniciativa para a dinamización do galego, que busca favorecer a transmisión da lingua de Galicia desde as idades máis temperás, ao tempo que ofrece unha experiencia sonora, visual, táctil e psicomotriz para os nenos de entre 0 e 3 anos.

REDACCIÓN - PONTEVEDRA Os animadores de "Galitoon" arrancaron berros, gargalladas e facianas de asombro dos numerosos cativos que onte participaron na Festa dos Axóuxeres. Este espectáculo de música, teatro e palabra recalou en Pontevedra na súa xira pola xeografía galega.
As festas dos Axóuxeres, que xa van pola súa terceira edición, constitúen unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, para a dinamización do galego. Busca favorecer a transmisión desta lingua desde as idades máis temperás, ao tempo que ofrecen unha experiencia sonora, visual, táctil e psicomotriz para os nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.
O obxectivo da festa é animar aos pequenos a falar, cantar e gozar co galego. Ademais está dirixido a unha franxa de idade para a que existen poucos espectáculos e actividades socio-culturais. De aí que numerosos pais e avós se animasen onte a levar aos seus pequenos a esta festa, a pesar de que o tempo non acompañaba.
A viaxe de Totó e Eli
O espectáculo consiste nunha viaxe polas palabras, da man de Totó, un bonequiño azul, e máis Eli. Xuntos percorrerán a terra, o mar, o aire e incluso o sol para atopar a Pope, o grande amigo de Totó, do que vai dando noticia o señor Carteiro.
Durante a viaxe, Totó e Eli atoparanse con peixes, vermes, bolboretas e mesmo marcianos e interactuarán cos pequenos e as nais e pais a través das palabras, a música e os xogos.
Logo da festa, e para poder seguir gozando na casa, Política Lingüística habilitou un espazo web (www.xunta.es/linguagalega/axouxeres) no que poden escoitarse as cancións, descargar as letras e mesmo os personaxes para colorear.
Logo, os Encontros
Ademáis, unha vez rematados os espectáculos deste mes, as Festas dos Axóuxeres derivarán nun formato máis reducido e percorrerán concellos máis pequenos. Trátase dos Encontros dos Axóuxeres que, a diferenza das festas, se celebran en espazos pechados (centros socioculturais, casas do concello, etc.) e para un público menos amplo, estimado arredor de setenta persoas. Será durante os meses de outubro e novembro.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, que organiza esta actividade desde hai tres anos, outórgalle "unha gran prioridade ás franxas de idade máis novas na planificación da súa actividade de dinamización social da lingua", din os seus responsables.
Ademais da programación das Festas e os Encontros dos Axóuxeres, destinados aos bebés, tamén ten en marcha o programa Bocaberta, dirixido ás idades de 3 a 18 anos.
A empresa Galitoon, a través dos seus actores e músicos, desenvolven o espectáculo, que conta ademais con varios espacios para atender aos pequenos en necesidades tan básicas como cambiar os cueiros.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009