As cantigas e a lírica medieval pechan as Xornadas de Historia da Feira Franca

As conferencias celebraranse esta mañán na Casa das Campás

 02:52  

REDACCIÓN - PONTEVEDRA A clausura das Xornadas de historia da Feira Franca será hoxe. No peche destas conferencias intervirán Henrique Monteagudo, da Universidade de Santiago de Compostela que falará da "Emerxencia do galego escrito (s. XIII): a lírica e a prosa documental". Será a partir das 11.00 horas na Casa das Campás.

Na conferencia pretenderase realizar unha exploración sobre o proceso de emerxencia do idioma galego como lingua escrita autónoma, que supuxo a ruptura coa tradición de scripta latino-galaica, e atendendo ás súas condicións histórico-sociais e culturais. Atenderase a dous terreos en que a emerxencia da escrita galega se verificou de xeito relativamente independente: a lírica trobadoresca e a prosa documental. Farase especial referencia dunha banda á hipótese sobre os primeiros pasos da lírica trobadoresca no noroeste peninsular (a Gallaecia Magna), e doutra ás novidades que propiciaron a aparición do galego escrito.

Ás 12.30 horas Fernando Reyes, director de Resonet, pechará as xornadas coa súa intervención sobre "Cantigas, a recuperación das perspectivas esquecidas".

Na súa conferencia explicará que as cantigas galegas medieváis forman, no seu conxunto e de forma incuestionable, un dos patrimonios culturais máis importantes de Galicia. A pesar desta importancia unha serie de dinámicas históricas, institucionáis e culturáis fortemente enraizadas contribúen a que hoxe as cantigas non sexan contempladas, estudadas e disfrutadas tendo en conta o seu aspecto cantado, indivisible, por definición do aspecto poético, linguístico e literario. As perspectivas científica, educativa e cultural actuais, nos seus variados modos, precisan de cambios sinxelos pero drásticos.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya