Xosé Ferreiro Mato - Profesor de filoloxía da Universidade da Coruña

"O galego é un patrimonio cultural, mais importante que a Catedral de Santiago"

Xosé Ferreiro defende o ensino do galego como único método para non perdelo

 02:15  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O profesor Xosé Freixeiro Mato.
O profesor Xosé Freixeiro Mato.  Rafa Vázquez

O profesor Xosé Freixeiro Mato naceu na comarca de Bergantiños, en Carballo, no ano 1951. Este profesor de Filoloxía da Universidad da Coruña onde pertence o departamento de Lingüística Galega, Portuguesa e Francesa. Ata o ano pasado foi o director do departamento de normalización lingüística da universidade.

PAOLA GONZÁLEZ - PONTEVEDRA Onte celebrouse a penúltima xornada de historia galega celebrada na Casa das Campás como actividade preambular a Feira Franca deste ano.
Á disertación foi feita polo profesor da Universidade da Coruña, Xosé Freixeiro Mato, quen instruiu ó público sobre a “Grandeza e decadencia da lingua galega”, un tema de grande actualidade política ante a posibilidade que a Xunta de Galicia dé a escoller entre o castelán e o galego nas aulas e que insta as escolas a escoller un dos dous idiomas para impartir as súas clases.
Para o profesor trátase dun erro, xa que de perderse a escolarización en lingua galega perderase tamén o galego ante o valdío decrecente de galego-falantes nas cidades.

–Como filólogo e lingüista, ¿Cal é a situación do galego na actualidade?

–Pois a situación, na miña opinión e que é unha situación moi complicada e que estamos nun momento moi difícil para o galego posto que se están perdendo moitos falantes. No mapa sociolingüístico que fixo a Real Academia Galega nesta segunda entrega cós datos dos galego falantes, o galego retrocedeu moitísimo e a situación non pode ser mais alarmante porque se está convertendo en lingua residual entre a xente nova, o cal indica a perdida de falantes e por iso te digo que vexo o seu futuro dunha maneira moi preocupante.

–¿Cal cree que será a situación do galego de aquí a uns anos se a política lingúistica dao goberno actual da Xunta continúa por esta vía?

–De ir por esta liña do actual goberno galego , se leva a diante os seu proxecto de eliminación das medidas protectoras do galego e deixa de reforzar a defensa do galego no sistema educativo, inclusive coa segregación do nas aulas, realmente isto o que vai conducir a á desaparición do galego entre a xente nova. A única maneira que teñen os nenos e nenas para puideren optar libremente por falar ou non falar galego e que no sistema educativo teña una presencia forte de maneira que perdure. Se o galego perde esa presencia no ensino a situación que nos imos atopar dentro duns anos é evidente, a inmensa maioría de nenos non fala case galego agora e se dentro duns anos nin sequera teñen ese coñecemento de seguir así a xente non terá tan sequera a competencia de falar galego aínda que o desexase.

– Como profesor de universidade que é vostede cree realmente que este bilingüismo pode producir algún tipo de problema nos alumnos á hora de ter que escribir ou expresarse correctamente en calquera dos dous idiomas ?

–En realidade non tería porque existir ningún tipo de problema posto que a capacidade de poder ler, poder falar e poder escribir e dous idiomas enriquece a calquera persoa e capacita moito mais inclusive para aprender outros idiomas. Onde está o problema é en que sobre o galego aínda actúan prexuízos de carácter histórico e diferentes capas da sociedade galega. Agora se está vendo como que está a pasar no ámbito político, que non queren que sexa unha lingua importante precisamente por ese prexuízos históricos que lévan a consideralo g como una lingua inferior.Se esas persoas acaban sendo maioría o idioma galego vai desaparecer. É necesaria unha aposta por protexerlo como patrimonio fundamental, debe ir respaldado socialmente ou o futuro do galego será a desaparición. Aí debería estar a responsabilidade do Goberno tamén,de momento a sociedade galega parece que apostou por manter o galego.

–Que lle diría a aqueles que teñen prexuízos có galego e que pensan que é un idioma inculto que impide o progreso?

–Diríalles que están moi equivocados e que tódalas linguas son linguas de cultura, todas teñen a capacidade de comunicar e expresar os sentimentos e a arte, a creación dun pobo neste caso o galego. Hoxe en día está dando grandes creacións de tipo literario, tamén é una lingua con proxección internacional a través do portugués, por tanto aquelas persoas que pensan có galego pode ser un obstáculo para o futuro están moi equivocados porque é un patrimonio mesmo material e económico de gran importancia. O inglés estivo case perdido porque no século XIV estibo de moda o francés nas clases altas e é a segunda fonte de riqueza de Inglaterra. Como dixo Castelao, a lingua galega e un patrimonio da humanidade que fixemos os galegos durante todo o tempo e é moito mais grande e mais importante que a propia Catedral de Santiago.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009