Mercedes Brea - Profesora de Filoloxía Románica na U. de Santiago

"Os dous grandes reis trobadores son Alfonso X e o seu neto Don Denís"

Mercedes Brea fala sobre a lírica galaico-portuguesa

 
Mercedes Brea na Casa das Campás.
Mercedes Brea na Casa das Campás.  Rafa Vázquez

Mercedes Brea naceu na Estrada no ano 1950 lugar onde vive hoxe en día. É profesora de Filoloxía Románica na Universidad de Santiago de Compostela, onde tamén foi decana.

P.G. - PONTEVEDRA Onte desenvolveuse a segunda xornada de historia de Galicia inscrita nos preliminares da Feira Franca coa presentación do coloquio ofrecido por Mercedes Brea sobre a lírica galaico portuguesa na Idade Media galega moi o conto coa temática da feira deste ano, “Cantigas de amor, escarnio e maldicer”. A profesora de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago acercaba así o publico pontevedrés as intrigas da lírica galego-portuguesa, unha lingua romance que gozou do recoñecido prestixio entre os poetas e xograres da época medieval na península.

– Quenes eran estes trobadores da Idade Media, existe un perfil?

– Había trobadores de moi distintas procedencias, empezando por os que foron reis como Alfonso X e o seu neto Don Denís que son os dous grandes reis trobadores que temos na lírica galaico portuguesa, pero logo nobres e cabaleiros de distinta procedencia e rango como os dous fillos bastardos de Don Denís que foron tamén trobadores e nobelos de segunda fila e cabaleiros. Hai outros trobadores que eran burgueses, un dos casos mais curiosos e o de Xoán Airas burgués de Santiago. Despois estaban os xograres que é bastante típico facer unha distinción entre trobador e xograr pensando que un trobador é sempre unha persoa de certo rango que compón pero que non interpreta mentres que o xograr e o que interpreta para entreter ó publico. En realidade pode valer esta distinción pero non sempre se deu así porque hai trobadores que son eles mesmos os que interpretan e xograres que compoñen. Probablemente a diferencia maior está en que os xograres reciben algún tipo de compensacion, unhas veces en diñeiro e outras en especias, polo seu traballo, mentres que os que teñen outra condición social e económica non precisan ese recoñecemento e o que buscaban era o agrado do público no caso dos trobadores que interpretan.

–Tendo en conta a expansión cultural do galego durante a Idade Media, viaxaban os trobadores alén do vello reino de Galicia ?

––Lóxicamente viaxaban moito porque no século XII está avanzando a reconquista cara o sur e os que son nobres e cabaleiros teñen que ir un pouco mais lonxe de Galicia e moverse cara o sur. Os que viven precisamente deste traballo buscan e estar cerca dos lugares de poder que e onde poden obter mellores recompensas e polo tanto tamén se teñen que mover, de feito hai moitos trobadores que están documentados na reconquista nos departamentos de Sevilla ou de Murcia. Está claro que se movían e non todos eran de procedencia galega ou portuguesa, hainos que eran doutros lugares da península pero que utilizaban o galego como lingua de expresión e tamén hai quen se moveu por razóns políticas por exemplo nas loitas entre España e Portugal cando moitos nobres e con eles os trobadores e xograres foron refuxiarse nas cortes de Castela.

–Existían escolas de trobadores naquela época?

–Esa é a típica pregunta moi difícil de contestar, pero non, non parece probable aínda que había escolas normais nas catedrais e nos mosteiros da época. Pero obviamente os trobadores aprenderon a escribir nalgunha parte. Unha resposta a esta pregunta quizais podámola atopar no texto “Vida” dos trobadores occitanos, que tiñan o costume de escribir antes dos versos algúns datos biográficos dos trobadores que os escribían e neste de “Vida” aparece unha mención o seu trobador como “mestre de trobadores”, pero non se sabe se esta palabra quere dicir que ensinaba a outros a trobar ou se se refire a que era un gran trobador daquela época. Non está nada claro, en calquer caso non hai constancia da súa existencia. Pero hai que ter en conta cá actividade de trobar nunca foi unha actividade individual e si social que implicaba a relación con outros trobadores case sempre coma un grupo.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya