A cidade comenza a vestirse de Feira Franca coas Xornadas de Historia durante esta semana

As conferencias celebraranse na Casa das Campás

 12:41  
Un ferreiro en plena faena durante a Feira Franca do pasado ano.  // Gustavo Santos
Un ferreiro en plena faena durante a Feira Franca do pasado ano. // Gustavo Santos 

REDACCIÓN - PONTEVEDRA A cidade comeza a sumerxirse na Feira Franca. A Concellaría de Festas inicia mañá as Xornadas de Historia que este ano contan con cinco ponentes que disertarán sobre o papel da lingua na Galicia medieval. O tema está motivado pola propia Feira que este ano recreará as cantigas de amor, escarnio e maldicer. A Feira Franca celebrarase o primeiro fin de semana de setembro.
A Casa das Campás acollerá as distintas intervencións, que teñen como fío conductor a lingua, dende hoxe até o sábado, día 29 de agosto, data en que se clausuarán.
Mentras as rúas da cidade irán collendo color á Feira cos distintos decorados que se instalarán no centro histórico.
Primeira conferencia
As xornadas inauguraas hoxe, ás 20.30 horas, Anselmo López Carreira, do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" que falará sobre O marco político da cultura medieval galega.
Na súa ponencia explicará que durante a plena Idade Media, na chamada "Era Compostelá" e no pontificado de Xelmírez, Galicia acadou a brillantez cultural quen se apreza no románico, na literatura latina e nos Cancioneiros galego-portugueses, o cal en realidade constitúe a culminación dun proceso previo de desenvolvemento que remite ata o siglo X (e máis atrás) e expresa a maduración económica, social e política do Reino de Galicia.
Efectivamente, nin o alto nivel cultural do período nin a expansión que daquela experimenta o idioma galego admiten explicación fóra do contexto político do Reino medieval, cando Galicia é un referente recoñecido.
Porén, a historiografía predominante silenciou sistematicamente a existencia do Reino de Galicia, substituíndo o seu protagonismo histórico por outras creacións de carácter indisimuladamente ideolóxico, derivadas das particulares condicións en que o Estado liberal español elabora a súa imaxe historicista.
Alquiler e venta de traxes
Por outra banda, o alquiler e venta de traxes para a Feira Franca segue a bo ritmo como o constatan as tendas.
Tamén destacar que xa están programadas unhas duascentas comidas e cenas nas rúas do casco histórico e que nesta edición o concello, ante as obras que se están levando a cabo na Alameda, decideu ampliar a Feira Franca á Avenida de Reina Victoria e os xardín das Palmeiras. Acollerán as comidas máis numerosas dos diversos colectivos.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya