As obras da Alameda reinícianse mañán despois da parada polas festas da Peregrina

A constructora está a espera da chegada das lousas de pedra para pavimentar con este material a rúa da Alameda

 01:17  

REDACCIÓN - PONTEVEDRA As máquinas volven este luns á Alameda de Pontevedra unha vez rematado o período de paralización decretado pola alcaldesa en funcións, Teresa Casal García, para acoller neste céntrico espazo o recinto das festas da Peregrina.
O decreto abranguía as datas comprendidas entre o 1 e o 21 de agosto, pero ao coincidir esta data en venres optouse por agardar ata o luns, día 24. A empresa comezará ese día a tomar as xuntas do muro que delimita a rúa Alameda.
A continuación empezarán coas aperturas de gabias para a instalación soterrada dos servizos de electricidade, auga e saneamento. Unha vez que o espazo conte con estes novos servizos quedarán definitivamente garantidas as condicións de seguridade e hixiene durante as festas. A nivelación da superficie e a aplicación dunha última capa de xabre dará o acabado final en superficie.
Bancos e lousas de pedra
Unha vez completada a instalación de servizos volverán colocarse as dúas fileiras de bancos axeitadamente restaurados e desenvolveranse o resto de actuacións previstas no proxecto. A planificación pasa por acelerar o ritmo para intentar que todo estea concluído cara finais deste ano, dado que as obras están incluídas dentro do Plan E do Goberno de España.
A construtora está a espera da chegada das lousas de pedra para pavimentar con este material a rúa da Alameda, onde xa están instalados os servizos e formigonada a superficie.
Ten previsto tamén proceder a unha limpeza e repintado xeral, recuperando a cor orixinal, no Palco da Música.
Iluminación
A substitución completa do obsoleto sistema de iluminación, coa colocación de novos farois e a restauración dos vintetrés azulexos costumbristas de Carlos Sobrino na cabeceira sur, do recinto da Alameda onde tamén se realizarán outras actuacións como a restauración das escalinatas, son outras das actuacións que completan o exhaustivo proxecto de reforma.
As obras, que abranguen unha superficie de 1.350 metros cadrados, están adxudicadas por importe de 811.882,77 euros a "Construcciones Varela Villamor".
Sinalización
A empresa ofertou melloras valoradas en 86.715,40 euros, que inclúen a catalogación das especies vexetais e a sinalización destas especies, así como un estudo botánico e sanitario; redacción dun proxecto histórico e de restauración complementario ao previsto no proxecto e, finalmente, elaboración dunha publicación de ata 200 páxinas en papel fotográfico a cor e cun número mínimo de 300 exemplares que servirá como material promocional deste espazo.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya