Guillerme Vázquez pide institucionalizar figura de Bóveda no Día de Galicia Mártir

A Caeira e Pontevedra acolleron os actos que conmemoran o aniversario pasamento do galeguista

 23:45  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

ARACELI SILVA - PONTEVEDRA Hai 73 anos os seguidores da dictadura franquista asasinaron na Caeira a Alexandre Bóveda, considerado fundador do Partido Galeguista. Foron os galeguistas exiliados os que no ano 1942 elixiron a data do seu finamento, o 17 de agosto, para facer unha homenaxe a todas aquelas persoas que perderon a súa vida na loita contra a dictadura, consituíndose así o Día de Galicia Mártir. Os municipios de Poio e Pontevedra compartiron onte os actos que se celebraron na honra deste persoeiro que perdeu a vida por defender a terra que o viu nacer.
Os actos comezaron pola mañá na Caeira, a carón do monumento adicado a Bóveda ata onde se desprazaron diversos representantes nacionalistas, entre eles, o portavoz do BNG, Guillerme Vázquez que defendeu a actualidade do pensamento do homenaxeado. Entre outros aspectos lembrou o papel de Bóveda como creador do primeiro partido nacionalista galego, como defensor do autogoberno e da autonomía política de Galicia. Por outra banda, Guillerme Vázquez, solicitou o recoñecemento oficial da figura de Bóveda e apuntou que “segue sendo ocultado porque era nacionalista e póñense sete chaves no seu pensamento e sete lousas na súa tumba”. Por iso, reivindicou a revisión do xuizo do homenaxeado que calificou de “ilegal”. “Debe quedar na historia como o que foi: un demócrata, un patriota galego asasinado inxustamente. Os únicos culpables foron os que o xulgaron e o asasinaron”, sentenciou.
O acto contou tamén coas intervencións do alcalde de Poio, Luciano Sobral, que defendeu as sinais de identidade de Galicia e criticou o papel que está a desenvolver o PP na Xunta “diposto a borrar toda seña de identidade”, e da concelleira de Cultura, Silvia Díaz. Pola súa banda Xosé Luis Bóveda, fillo do homenaxeado, convidou a todos os presentes a descubrir a figura política “nada convencional” do seu proxenitor que foi quen de organizar a máis de 5.000 afiliados dispostos a “axudarlle na súa tarefa de acadar o autogoberno”.
O evento, no que tamén participaron representantes da Fundación Alexandre Bóveda e da Fundación Castelao, así como diversos deputados do BNG, culminou cunha ofrenda floral.
A capela de San Amaro acolleu pola tarde unha cerimonia de aniversario do pasamento de Bóveda e unha ofrenda cívica ante o sartego do homenaxeado. O Día de Galicia Mártir pechouse cun acto na Praza de Curros Enríquez, en Pontevedra, que contou coa intervención de Guillerme Vázquez e incluiu unha ofrenda floral na honra de todos os asasinados pola dictadura.

O monumento da Caeira amenceu con pintadas

O monunento na honra de Alexandre Bóveda, instalado na Caeira, amenceu con pintadas que se realizaron durante a madrugada. Nelas podíase ler “Puta ETA”, “Viva España” e “Muere ETA” e aínda que os operarios municipais afanáronse en limpalas antes de que comezara o evento aínda se podían apreciar os restos da pintura vermella que fora empregada no acto vandálico. A maioría dos interventores tiveron palabras de condena para os seus autores. “Un ano máis reunímonos cerca do lugar onde foi cobardemente asasinado Alexandre Bóveda por eses que esta noite fixeron esas pintadas. Pero non pasarán”, mencionou o alcalde de Poio, Luciano Sobral.
O programa celebrado onte incluiu tamén unha comida no Pazo da Cultura, onde se fixo entrega do Premio Día da Galiza Mártir, que lle foi outorgado a Xusto Beramendi en recoñecemento do labor de recuperación e difusión de memoria histórica.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009