El Concello investirá 200.000 euros en cinco colexios antes do curso

Las mejoras levaranse a cabo nos centros de A Xunqueira I, Barcelos, Alvarez Limeses, San Martiño e Campolongo

 23:46  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN - PONTEVEDRA Os alumnos de cinco colexios do municipio verán melloradas as súas instalacións para a volta ás clases. A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe dúas das principais obras impulsadas pola Concellaría de Educación e incluídas dentro do programa previsto para a rede de centros de Educación Infantil e Primaria.
O concelleiro de Educación, Julio Castela subliña que as obras adxudicadas son actuacións moi necesarias dado o deficiente estado das instalacións e que viñan sendo longamente demandadas dende os diferentes centros.

Características das obras

A primeira obra é a substitución da carpintaría exterior do colexio de Educación Infantil e Primaria Xunqueira I. As portas e ventás de ferro, que se atopan oxidadas e en mal estado de conservación, van ser reemprazadas por outras elaboradas en aluminio anodizado.
A adxudicataria é a empresa GPD Construcciones e o orzamento chega a 115.569,04 euros. O prazo de execución é dun mes.
A segunda actuación é a substitución dos falsos teitos e luminarias dos colexios de Barcelos, Álvarez Limeses, San Martiño e Campolongo. A adxudicataria é Construcciones Casas Novas S.L. e o orzamento é de 98.145,64 euros. O prazo de execución é dun mes e medio. O proxecto técnico inclúe a retirada das actuais estruturas portantes e das placas, así como de toda a instalación de iluminación. Todo elo vai ser completamente renovado.
A Concellaría de Educación ten intención de acometer melloras nos colexios por un importe total de 371.905 euros de aquí ao final de ano.
O concelleiro Julio Castela vai dar prioridade aos traballos de renovación ou substitución de elementos que poidan supor algún perigo ou que se atopen nun estado moi deficiente, así como aquelas melloras que contribúan a mellorar o confort dos alumnos/as de Educación Infantil.
Estas obras prioritarias executaranse durante o verán e só nos casos nos que a tramitación sexa algo máis longa irán iniciándose ao longo do ano co obxectivo de que todas estean en execución antes de que remate 2009.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009