Eduardo Diéguez Sanmartín - Voceiro da comisión de afectados pola Brilat en Salcedo

"Para os militares, tanto os veciños como os concellos son menores de idade"

"Sempre que a franxa de seguridade colla propiedades vámonos opoñer"

 01:09  
Eduardo Diéguez Sanmartín.
Eduardo Diéguez Sanmartín.  Rafa Vázquez

Veciño e comuneiro de Salcedo, Eduardo Diéguez Sanmartín asumía a portavocía da comisión de afectados pola Brilat unha vez que o anterior responsable, Fernando Pintos, foi nomeado presidente da Comunidade de Montes.

F.M. - PONTEVEDRA O Ministerio de Defensa comunicou a través do Boletín Oficial do Estado a delimitación dunha nova franxa de seguridade da base militar da Brilat, nos montes de Salcedo, reducindo nun 35 por cento a superficie afectada inicialmente. Esta decisión “unilateral”, do departamento que dirixe Carme Chacón, non convence aos afectados. O ministerio exclúe do perímetro de afección a tódalas vivendas, pero os veciños demandaban que eximise a tódalas propiedades privadas. O novo voceiro da comisión de afectados, Eduardo Diéguez, prevé que continuarán as protestas.

– Como valora o novo perímetro de seguridade?

– Realmente aínda estamos estudando a situación. Estamos a ver como afecta a cada propiedade. Porque ao marxe de que queden fora tódalas casas, aínda quedan propiedades dentro da franxa. Tamén estamos vendo como afecta aos núcleos rurais de poboación e á expansión deses núcleos. A franxa limita o desenvolvemento destes núcleos.

– Ata onde queren vostedes que se reduza a franxa?

– A franxa non deixa de ser unha expansión do cuartel. Nós realmente pensabamos que a franxa próxima de seguridade a deixarían dentro dos montes comunais, no entorno máis próximo ao cuartel, porque dado que hai unha franxa lonxana que afecta a moitísimas viviendas da zona, o máis lóxico sería que a cercana a deixaran no perímetro pechado do cuartel, que non deixa de ser extenso, pero unha vez máis faise desde fora dos lindes do cuartel e collendo propiedades. Por iso estamos vendo a repercusión que isto vai ter.

– Como recibiron a nova?

– Estamos disgustados por iso. Principalmente porque os responsables de Defensa quedaran con nós en falar e consensuar o novo trazado da franxa. Pero a decisión tomouse de xeito unilateral, faltando á palabra que tiñan dado. Prometeran que ían falar tanto cos afectados como cos concellos antes de que se publicase no BOE. Non se fixo nada diso. Vemos que para os militares tanto os veciños como incluso os concellos somos menores de idade para decidir e para comprender o que ocurre sobre o noso territorio. Non é normal isto, siguen tratando a xente como noutros tempos que creíamos superados.

– Van continuar as protestas ou van deixar pasar o período vacacional?

– Parece que eles mesmos quixeron presentar isto nunha época de vacacións. Pero iso non quere decir que a cousa vaia quedar parada, ou que vaiamos esperar a setembro para retomar o asunto, nin moito menos. Eu non podo decir agora mesmo o que imos facer, porque aínda non falei coa xente, pero en canto nos reunamos para valorar a situación seguro que isto vai continuar. Sempre que a franxa colla propiedades vámonos opoñer a iso, porque ese foi o postulado que tivemos dende o primeiro momento. A franxa non pode afectar nin a vivendas nin a propiedades, e como o asunto non se resolveu neste sentido, pois lóxicamente temos que continuar as protestas. Penso que todos os colectivos estarán nesta liña.

– A nova franxa modifica en algo as reivindicacións sobre o monte comunal?

– As reivindicacións do monte non variaron en nada. Está claro que iso é monte comunal e estou seguro que así o dirá o xuiz que terá que decidir sobre a demanda. O que ocurre aquí e que eles fan a franxa seguridade a partir do que eles consideran seu, e consideran seu o monte, e iso non é así, é indudable, e cando un xuiz con competencias o dictamine, terán que recuar de todo o feito ata agora.

– Seguen a demandar que a base salga de onde está?

– Polo de agora eu non podo pedir que base salga de aí. Non podo ser así de taxativo, pero o que temos claro é que no momento en que os militares empecen a facerse donos do que non é deles, evidentemente os veciños nos teremos que opoñer, porque dese xeito ou marchan os militares ou teriamos que marchar nós. De entrada non se pide que se vaian de aí, o que se pide é que si os terreos son nosos, como son, e eles pretenden utilizalos, pois haberá que chegar a un acordo. Eses terreos teñen un valor e teñen uns propietarios; propietarios que están perdendo as rendas que xerarían eses terreos dándolles o uso que os propios propietarios queiran darlle, e que están sufrindo os perxuicios de non poder rentabilizar uns terreos que Defensa está a utilizar de xeito ilexítimo.

– Que medidas van tomar agora?

– Comisión de afectados, asociación de veciños e comunidade de montes estamos todos na mesma direción. Estamos unidos e nese sentido temos que acordar entre todos as medidas a adoptar. Tamén cos colectivos de afectados de Vilaboa, Postemirón e Marín. Acordaremos accións conxuntas.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya