EN DIRECTO
Marín

O Concello organiza o espectáculo "Maxia Marín", que poderá verse na Alameda do 10 ao 12 deste mes

Levarase a cabo na Alameda e está organizado pola Concellería de Cultura

 
Un mago fai o seu espectáculo diante dos rapaces do colexio Carballal.
Un mago fai o seu espectáculo diante dos rapaces do colexio Carballal.  

REDACCIÓN - MARÍN Os alumnos do colexio Carballal de Marín recibiron unha visita inesperada, pero moi entretida. Ata alí se desprazaron os magos Romarís e Martín Camiña, xunto coa concelleira nacionalista Esther Crespo, para ofercerlles un pequeno espectáculo de maxia. O obxectivo desta actividade non era outro que amosarlle aos rapaces e rapazas do centro educativo unhas pequenas pinceladas das actuacións que se enmarcarán dentro da sétima edición de ‘Maxia Marín’, programa organizado pola Concellaría de Cultura do municipio morracense.

Para que os nenos se fosen facendo á idea do que poderán ver os próximos días 10, 11 e 12 de abril na Alameda, os magos fixéronlle aos pequenos unha pequena exhibición. Así, poideron ver como un pano de mans de cor vermello pasaba por obra de maxia do sombreiro de mago Romarís ao bolsillo do mandilón dunha das nenas do centro; a transformación de pequenos cachos de papel nun fermoso gorro, con bolso a xogo incluído, ou como un dado viabaxa dende a mesa do mestre ata o chapeu do mago.

A actividade foi moi ben acollida por todos os alumnos, que se mostraron en todo momento dispostos a botarlle unha man aos profesionais da maxia para que o espectáculo saira redondo.En canto ao programa en sí, destacar que o venres, día 10, estará reservado para a Maxia de Cerca, coas actuacións dos magos Camiña, Romarís e Vituco. O primeiro pase será ás 16.30 horas. Este día tamén haberá maxia na Casa da Cultura de Seixo, ás 21.00 h, da man de Cayetano Lledó; e na Casa da Cultura de San Xulián intervirá o mago Richard ás 21.00 horas.

O sábado, pola súa banda, tocaralle o turno a Maxia de Salón. Actuarán os magos Yurgen, Miguelillo, Martín Camiña e Cayetano Lledó. O primeiro espectáculo comezará ás 12.00 horas. Pola noite, a actividade trasládase ás parroquias. Na Casa da Cultura de Santomé estará Vituco, ás 21.00 horas; na Casa da Cultura de Mogor, ás 21.00 horas.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya