CRISTÓBAL FERNÁNDEZ VÁZQUEZ o DELEGADO PROVINCIAL DE EDUCACIÓN
 

"O vindeiro curso impartirase lingua estranxeira desde os 6 anos"

 
Cristóbal Fernández, delegado provincial de Educación.
Cristóbal Fernández, delegado provincial de Educación. Rafa Vázquez

Cristóbal Fernández, delegado provincial de Educación: "A segunda lingua estranxeira pasarase a impartir como obrigatoria xa en primeiro da ESO".

S. R. / PONTEVEDRA Máis de 132.000 alumnos, se sumamos todas as ensinanzas non universitarias (infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos) deixan as aulas. Ao facer balance, o delegado de Educación fala de meses "tranquilos, sin grandes incidencias; globalmente estou contento do desenvolvemento do curso, houbo efectivamente problemas diarios coma sempre, pero non grandes incidencias e todo foi con total tranquilidade".
-Que novidades haberá no vindeiro curso?
-Estamos aínda rematando este curso pero sí que temos previstas novidades para o seguinte, fundamentalmente no tema das linguas: a primeira lingua extranxeira vaise impartir desde os 6 años, é dicir desde primeiro de Primaria, se antes comenzaba aos 8 anos, agora será antes; e a segunda lingua estranxeira pasarase a impartir como obrigatoria -antes era optativa- xa en primeiro da ESO, e tamén en segundo.
-Manterase a gratuitade dos libros de texto?
-É algo que xa se consolidou este curso, xa se extendeu a toda a Primaria e Secundaria e lóxicamente polo tanto vaise manter, ademáis incrementarase en torno a un 11% a cantidade media que se lle otorgaba por lote a cada alumno.
-Medra a poboación escolar estranxeira?
-En Pontevedra está en torno ao 3,5 a porcentaxe de alumnado non español, na provincia son uns 4.500 alumnos. Non teño datos comparativos respecto a outras comunidades pero aquí a poboación inmigrante é pequena, menor que noutras comunidades, e eso tamén se nota nas aulas, nestes dous últimos cursos houbo un incremento do alumnado estranxeiro pero son incrementos pequenos.
-A anécdota é un pequeno centro da parroquia de Paredes-Vilaboa, onde os alumnos de orixen magrebí son maioría.
-É unha circunstancia que xa hai moito tempo que se ven producindo, nesa parroquia está asentada desde fai tempo unha comunidade marroquí e eso fai que os nenos da comunidade vaian medrando e hoxe sexan efectivamente maioría nesa escola, é un caso un pouco sorprendente porque é unha parroquia pequena, pero se fose nunha vila mediana ou nunha cidade nin se tería percibido siquera porque hai máis colexios pero ao ser a unitaria da parroquia evidentemente todo o alumnado vai ahí e por eso nota máis a concentración. En todo caso hai que decir que esa presenza de alumnado de orixe marroquí non plantexa nin plantexou nunca problema algún, a colaboración co concello de Viaboa é exquisita nese sentido, xa teñen moita experiencia e moito traballo con esa comunidade e non plantexa en absoluto ningún problema.
-Mellorase no tema do abandono escolar?
-A provincia está máis ou menos nos niveles de Galicia pero o que sí está claro é que se están a facer moitos esforzos neses sentido con dous plans de reforzo como son Proa e Mora, destinados a alumnado con dificultades e problemas de aprendizaxe e, en concreto, o Mora está dirixido a alumnado de cuarto da ESO, repetidor, para intentar que este alumnado, que normalmente abandoaba sin acadar o título, poda acadalo e continuar a súa formación.
-Por que non se lle adxudicou o bacharelato de Humanidades ao IES Frai Martín Sarmiento?
-O IES Frei Martín Sarmiento ten exactamente os bacharelatos que tiña antes e, a maiores, un bacharelato que non ten ningún centro en toda Pontevedra que é un dos bacharelatos de arte, o de Música, é un bacharelato que terá alumnado de todo o concello de Pontevedra e incluso de parte da provincia, de xeito que agora ese IES ten unha oferta educativa superior á que tiña antes. Demandaba un bacharelato de Humanidades que nunca o tiveron nese centro, e é un bacharelato que se oferta en todos os demais centros e con pouco alumnado, eles demandaban ese bacharelato porque querían máis cousas pero nunca tiveron ese bacharelato, en cambio sí van a ter agora un bacharelato novo e serán os únicos de toda Pontevedra que o terán.
-Por que se decidiu implantar un bacharelato de Música nese instituto?
-Escolleuse a modalidade de música porque o IES Frei Martín Sarmiento é un centro próximo ao Conservatorio de Música e precisamente por esa proximidade se elixiu.

Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya