"Pura Vázquez fala do desacougo do lugar"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

- "Sexo e lugar" ocúpase tamén da obra da poeta ourensana Pura Vázquez.
- Falo da súa vivencia dos lugares, a través da experiencia da emigración. Destaca o motivo do desacougo, porque tal como a poeta plasma na súa obra, non se atopa totalmente plena en ningún dos lugares, nin no seu Ourense natal, na súa Galicia, porque lle falta a terra segunda de adopción que tivo, Venezuela, nin en América, porque alí sinte nostalxia de Galicia. Pura Vázquez fala na súa poesía do desacougo do lugar, porque ten, realmente, dous lugares, dúas patrias.
- ¿A vertente sentimental é importante para ela?
- Eso non o analizo neste libro. Pero o tema do amor e da sensualidade tamén son importantes en Pura Vázquez. O sexo non ten unha presencia importante na súa obra.
- ¿Por que xunta vostede dúas cosas aparentemente tan distintas: sexo e lugar?
- Tamén aparece a problemática das mulleres, o tema do poder sexual. Xunto sexo e lugar, porque interésame facer uns ensaios a favor da liberación de Galicia e da liberación das mulleres.
- Tamén aparece Rosalía.
- Rosalía de Castro ten unha obra profundamente subversiva a favor da liberación de Galicia e das mulleres. Tamén está presente Eduardo Pondal. Na obra de Pondal atopamos luces e sombras, con respecto ó tratamento do sexo, porque hai na súa obra componentes misóxinas, pero tamén filóxinas, en contra e a favor das mulleres.
- Amósase coma un cazador de mulleres.
- En Pondal aparece a exaltación do sexo violento, pero tamén ten a creación dunhas mulleres moi interesantes: mulleres poderosas, mulleres cazadoras, mulleres sabias e poetas, que son moi interesantes. Pondal era un patriarca, que tiña unhas ideas moi retardatorias nese terreo, frente a outros pensadores do seu tempo.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009