"EN VALENTE APARECE UNHA VISIÓN INTEGRAL DO EROTISMO"
 

Carmen Blanco, Escritora: "Otero Pedrayo identifica a Galicia coa nai, coa terra e con Penélope"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
<B>Carmen Blanco. / </B><I><K>Iñaki osorio</K><br/>
Carmen Blanco. / Iñaki osorio
 

"Trátase dun home conservador, católico, pero tamén aberto, liberal e nacionalista", sinala a autora.

X.M. del Caño / OURENSE
A escritora Carmen Blanco sacou á rúa o libro de ensaio Sexo e lugar, no que analiza factores coma o poder, a cultura, o arte e a literatura, partindo dunha postura de "vivencia libre do sexo e do lugar". A propia autora confesa que pretende "combatir cos seus ensaios o poder sexual e o poder colonial".
- Vostede analiza neste libro o papel que representa "o sexo" e "o lugar" na obra de varios autores ourensanos, como Ramón Otero Pedrayo.
- Otero Pedrayo é unha figura moi interesante para a construcción da galeguidade, onde deixa ver a idea que ten do sexo e dos sexos. Eu analizo a obra Arredor de si, na que recrea o mito de Penálope e Ulises. Identifica a Galicia con Penélope. Insiste na atracción das nais, que identifica coa terra; identifica nai e terra con Penélope e con Ítaca. Aparece nel a muller amante, Calipso, que é unha atracción que se pode seguir nun momento dado, pero ó cabo hai que abandonar á amante estranxeira para volver ó amor da nai e da terra. Esa é a idea xeral que expón Arredor de si.
- Establece un paralelismo fermoso.
- É unha construcción preciosa, pero resulta un pouco problemática, no sentido en que o sexo non aparece coma unha opción definitiva, senón transitoria, e non aparece como algo esencial na vida do ser humano.
- Otero Pedrayo mostra na súa obra que é un tanto conservador e moi católico.
- Exactamente, trátase dun home conservador e católico, no fondo, pero tamén aberto, liberal e nacionalista.
- Tamén aflora a súa faceta de erudito nese libro.
- Arredor de si recrea toda a historia de Galicia e a historia da cultura occidental.
- Otero introduce certas cautelas na súa obra ante o sexo, contrariamente ó que fai outro autor ourensano, como Blanco Amor.
- Son mundos diferentes, pero hai que dicir que na obra de Otero Pedrayo hai moita sensualidade.
- ¿Como trata o sexo e o lugar José Ángel Valente?
- Neste libro analizo as Cántigas de alén de Valente, no que destaca o tratamento que fai do lugar. Presenta unha visión profundamente liberada da vivencia da terra, do lugar e de tódolos lugares. Hai unha recreación libertaria do tema da terra e do tema do espacio e do lugar. En Valente aparece unha vivencia integral do amor e do erotismo, tamén sempre nun sentido libertario e liberador. Ten unha poesía profundamente filosófica, na que hai unha vivencia moi liberadora e profundamente integral do amor e do erotismo, do sexo e do amor, do corpo e da mente, ó mesmo tempo, do ser humano.
- Reflicte unha etapa concreta da súa vida.
- En Cántigas de alén aparecen as vivencias do seu último amor e definitivo.
- Que ten nome propio.
- Claro, sabemos que é Coral Valente. Analizando o conxunto da súa obra, vese que o sexo foi importante para Valente e sempre está relacionado co máis profundo do seu ser, como é lóxico, porque é unha vivencia humana esencial. Valente e un poeta profundo, polo que os temas do amor e do sexo están moi presentes na súa obra.
- Tamén analiza a obra de Xohana Torres, unha escritora que recibiu o premio "Celanova, Casa dos Poetas".
- Xohana Torres resalta a vida da nación, unha nación na que están moi presentes as mulleres. E tamén se estudian outras mulleres máis novas, como a poeta Olga Novo, na que hai unha recreación profundamente liberalizadora do sexo.
- Case provocadora.
- É entusiasta a favor do amor libre.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009