18 de mayo de 2018
18.05.2018

O Día das Letras na Galicia de hai cen anos

Raigame congregou a centos de persoas en Vilanova dos Infantes -Adicada este ano aos fotógrafos ambulantes, otorgou o seu premio honorífico ao Museo Etnolóxico de Ribadavia

18.05.2018 | 03:47
Actuación dun dos grupos de baile, neste caso integrado por nenos, na Praza Maior de Vilanova dos Infantes. // Brais Lorenzo

O burgo medieval de Vilanova dos Infantes, en Celanova, festexou onte o día das letras cunha homenaxe á cultura popular galega. As rúas de pedra enchéronse novamente de artesáns, músicos e danzantes nunha festa como as de antes adicada este ano aos fotógrafos ambulantes. A romaría etnográfica Raigame cumple con esta 17 edicións nas que o tempo retrocede o 17 de maio para recrear as feiras doutrora na que mulleres e homes, nenos e nenas compartían mercado e festa.

Centos de visitantes ao longo do día percorreron as rúas ateigadas de xente bailando, cantando e contemplando o laborioso traballo dos cesteiros, oleiros, palilleiras, ebanistas, ferreiros, fragueiros, zoqueiros... e mesmo telleiros amosando como se facían antigamente as tellas e os ladrillos. Otilia e Tomás descubriron tamén a singularidade da olaría de Gundivós e non faltou o curandeiro percorrendo a feira cos seus remedios.

Máis dun cento de artesáns deron vida aos oficios tradicionais namentres os grupos de baile e escolas de danza chegados de toda a comunidade poñían música e cor nunha festa xa considerada de Interese Turístico de Galicia. Nesta ocasión, a organización quixo recoñecer o traballo dos fotógrafos ambulantes que desde o comezo da técnica fotográfica ían de feira en feira facendo retratos. Como Santiago Núñez, que aínda mantén vivo o oficio percorrendo as festas coa súa cámara minuteira. Tamén onte estivo en Raigame inmortalizando momentos máxicos nesta festa da cultura galega.

Neste contexto, o premio honorífico "Adolfo Enríquez" otorgóuselle ao Museo Etnolóxico de Ribadavia pola súa consideración, a nivel nacional, como referente de restauración, conservación e utilización de arquivos fotográficos. O centro conta na actualidade cun arquivo de 600.000 imaxes que conforman as coleccións producidas directamente polo museo, as procedentes do album familiar, os traballos sobre temáticas concretas feitos por encargo e algúns arquivos de fotógrafos profesionais, segundo o director do Museo, César Llana, refire no artigo publicado na revista da XVII Raigame.

Ao acto de entrega, que tivo lugar na Praza Maior, asistiron, ademáis do alcalde de Celanova, Xosé Ferro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que situou o turismo como un aliado do patrimonio cultural inmaterial que propicia a súa protección, difusión e matemento. No marco do Ano Europeo do Patrimonio Cultural que se está a conmemorar neste 2018, o Goberno galego subliñou a contribución da actividade turística á posta en valor, á difusión e á preservación do patrimonio inmaterial.

Durante todo o día proxectáronse no Cine Carlos Velo, na Praza Maior, os filmes "Miss Ledya", de José Gil, con música en directo de Severiano Casalderrey, e o documental "Galicia y Buenos Aires", e celebrouse un simposio sobre os fotógrafos ambulantes, de rúa, festas e feiras no que participou o director do Museo Etnolóxico, César Llana.

Aos grupos de baile e música de Vilanova, Celanova, Ourense, A Veiga e Monforte, a agrupación "De Pé Feito", a Banda de Vilanova, músicos tradicionais de Trasmiras, pandereiteiras do Forrollo e gaiteiros e cantareiras da Escola de Danza-Castro Floxo, sumárnonse o teatro de Sarabela na Praza do Castelo cunha peza baseada en poemas de María Victoria Moreno e a compañía Ó Cubo. Unha multitude de actividades que deron vida a unha das festa de tradicións e costumes propias máis arraigada de Galicia.

Sen libros no Paseo

Na cidade das Burgas a festa das letras celebrouse sen libro galego na rúa do Paseo. Por primeira vez en 25 anos, os libreiros anunciaron que "a falta de colaboración do Concello de Ourense" na celebración, como xa aconteceu o 2 de abril con motivo do Día do Libro Infantil, levou á asociación a renunciar a instalar os seus postos na céntrica peatonal.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine