Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, Ourense en Común denuncia a "vergoñenta" política lingüística no Concello de Ourense, que "acusa diariamente a exclusión do galego". O voceiro do grupo, Martiño Vázquez, apunta á "falta de seguimento para garantir o cumprimento" da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística, que tamén atinxe ás empresas adxudicatarias ou concesionarias, establecendo que as actuacións internas, as actas, ditames, informes e propostas, expedientes e os programas informáticos sexan en galego.