Ramirás foi onte capital do folcore mundial na XII gala central do Festival Internacional Rebulir (FIR), organizado pola Asociación Cultural Rebulir, o Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia. A presente edición do FIR reuniu sobre o esceario ao Grupo de Danzas Maragatería (Castela e León), Pauliteiros de Sendim (Portugal), Gaztedi Dantzari Taldea (Euskadi), Ballet Quitus (Ecuador) e o Ballet Chervona Kalyna (Ucrania), que cautivaron ao público.

O momento más emotivo foi a entrega dos premios Rebulir aos defensores de cultura galega, un un deles adicado o presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso, que non poido acudir por motivos laborais. Recolleou o premio no seu nome o xornalista da CRTVG, Alberto Rivero. Gayoso enviou un video no que agradeceu o premio e a "maxia" do proxecto cultural Rebulir. O autor Lois Antón e a cantante Uxía foron os outros dous gañadores.Uxía tambén agradeceu a divulgación e recolleita de folclore que fai Rebulir.