Etelvino Blanco (O Carballiño, 1955) deixa a primeira liña do sindicalismo tras 40 anos na loita obreira e 23 como secretario comarcal. Tras unha vida co puño en alto apártase para disfrutrar coa sua familia dunha xubilación tranquila na que non prescindirá totalmente do sindicalismo. Compromete a súa afiliación "de por vida" e alí estará na festa do Primeiro de Maio. A poucas horas da asamblea na que a CIG renovará a súa executiva con Anxo Pérez Carballo como secretario comarcal, Etelvino Blanco afronta o momento decisivo non só de abandonar os órganos de dirección senón de "desaparecer por completo da actividade sindical".

-¿É posible que un líder histórico da loita obrera desapareza?

-Esa é a miña gran dúbida. Non sei como vou reaccionar cando vexa que non teño que vir por aquí, cando vexa problemas nos que non vou participar. É un cambio radical na vida e cortar por completo é complexo. Aínda que esté retirado, o corazón téñoo na CIG e na cabeza todos os problemas sociais. Vounos seguir vivindo, pero necesito esto porque eran moitos anos, moita actividade, e físicamente nótase. Para organización tamén é bo. Se deixo os cargos e sigo aquí sería incómodo para os compañeiros que van asumir a tarefa. Pero se podo botar unha man en determiando momento só terán que reclamarme e eu estarei sempre aí.

-¿Cales son os problemas sociais que ten na cabeza, os que máis lle preocupan neste momento?

-Dóeme moito ter que abandonar a primeira liña cando a situación é tan grave e tan mala para a clase traballadora. Estes días repaso moito todo o que ten sido a historia da CIG en Ourense e penso que se conseguiron moitísimas cousas. A xente ás veces non valora eso pero hay convenios colectivos, conflictos que se solucionaron, melloras sociais que de non existir a CIG ía ser difícil conseguir. E de non existir o sindicalismo de clase en xeral estaríamos moito peor. Pero todo eso veuse abaixo en cuestión de catro anos e nese sentido son moi crítico. De repente cun cambio de goberno e cunha política neoliberal do máis duro desde que se instaurou a democracia vaise directamente a por todas as conquistas dos traballadores. Esa é a miña gran preocupación, non é un tema nin dous.

-¿Non é diferente a situación en Ourense?

-A situación de Ourense preocúpame moitísimo porque en comparación con outras zonas vamos por unha pendente que de seguir así nos leva a desaparición como provincia. Non hai nin un só sector productivo que esté neste momento realzandose e que vaia recupera emprego. E seguimos gobernados por un caciquismo incomprensible que vai seguir mantendo esta provincia alonxada das melloras e na discriminación máis abosluta.

-¿Botou en falta unha resposta máis contundente da cidadanía?

-Si, por suposto. O maior sinsabor que ten un sindicalista é ver que os traballadores ou a cidadanía en xeral non responde con intensidade ás agresións que sofren. E coas que levan sufrido nestes anos os traballadores, a realidade é que os responsables seguen gobernando, os corruptos seguen ao frente das institucións. Realmente non houbo un proceso de revolución e eso doe moito. A resposta da ciddanía de Ourense sempre foi moi pasiva.

-¿Qué parte de culpa ten o sindicalismo?

-Todos temos responsabilidades. Eu son moi crítico co funcionamento das organizacións, tanto cos partidos da oposicion como no caso do sindicalismo. Desde o sistema, ao sindicalismo sempre se nos viu como o inimigo a bater, nunca se recoñeceu que eramos algo fundamental no sistema democrático para a defensa da clase traballadora. Pero tamén hai que recoñecer que desde o sindacalismo se colaborou moito no desprestixo. Hai organizacións que teñen caído no pasotismo e eso contáxiase á clase traballadara que acaba perdendo a confianza en ti.

-Ten sido nestes anos o azote do empresariado ourensano. ¿Como se leva coa patronal?

-Ourense é unha terra moi difícil para implantar o sindicalismo. Recordo épocas tremendas de represión por parte dos empresarios, algúns actuaban co despido se se enteraban de que un traballador estaba afiliado á CIG. Pero co paso dos anos, vexo que nos gañamos un respeto dentro da clase empresarial porque eles mesmos evolucionaron e viron que nós ofrecemos diálogo e que con diálogo é posible chegar a acordos con nós. O que non facemos é poñer en entredito os dereitos dos traballadores. Como persoa que estivo tantos anos ao frente eu era a bestia negra, a quen había que deprestixar, pero a realidade é que eu era un peón máis. Se de algo me sinto satisfeito a nivel persoal é de ter hoxe boa relación con policías, empresarios e mesmo representantes do partido que está no poder cos que tiven enfrentamentos moi duros. Vexo que me comprenderon como eu os comprendín a eles defendendo os seus intereses. Hoxe, por exemplo, podo tomar un viño cun policía de Ourense que nunha folga xeral me metou a cabeza contra un furgón. Por encima de todo está o humano.

-O seu despacho está cheo de de fotografías de movilizacións. ¿Hai algunha que recorde de xeito especial?

-Estes días boto horas e horas pensando en como foi a evolución da CIG e teño moitos recordos. Desde a primeira vez que fun a unha folga, con 20 anos, cando non sabía nin que decir nunha asamblea, ata hoxe pasaron tantas cousas, tantísimos conflictos e tantas persoas que coñecín... Cando pecharon Citroën en Ourense e conseguimos que readmitiran aos traballadores en Vigo foi un éxito sindical e un exemplo de movilización exemplar. No conflicto de Pinturas César sufrín moito cando na metade do proceso un dos traballadores que reclamaba o pago do salario suicidouse. Aquelo afectoume moito.

-¿Ten futuro esta provincia?

-Ten un futuro moi dificil. É frustrante vivir nunha provincia como esta e dentro dunha sociedade tan dócil e mansa. O que máis me preocupa é que a xente moza está practicamente toda fóra. Existe un sector importante de funcionarios, e do resto non hai actividade, salvo no sector servicios e tres ou catro empresas grandes no polígono. Non se ve futuro nin un cambio a corto plazo. No hai nada innovador, nin políticos aos que lles interese cambiar esta situación.