En tributo ao autor de "Vento Ferido", o tren das 10.06 arrancará hoxe de Santiago de Compostela nunha viaxe literaria que traerá a Ourense a un grupo de escolares que poderán coñecer a cidade que viu nacer a Carlos Casares e percorrer os lugares que influiron na súa vida e obra. Esta actividade, froito dun convenio entre Renfe e a Consellería de Educación, recorda unha das paixóns deste autor, que desde sempre mostrou unha afección por este medio de transporte. De feito, posuía unha maqueta de aproximadamente 80 metros de vía pola que podían circular 80 trens simultáneamente. Foi no tren onde coñeceu a súa muller, Kristina Berg, e no ano 2000 participou, xunto con más de 80 escritores europeos, no Expreso da Literatura Europea que durante mes e medio percorreu Europa desde de Lisboa a San Petersburgo.

Durante a súa viaxe no "Tren que nos leva", os escolares de Santiago recordarán a súa obra e terán ocasión de coñecer o Roteiro Carlos Casares. O convenio de colaboración inclúe a divulgción das letras e da lingua galega mediante a cartelería de a bordo dos trens, nos cabeceiros do asentos en nas propias estacións.