17 de mayo de 2017
17.05.2017

A Real Academia Galega lembra a Casares

A vila limiá acolle o acto central do Día das Letras Galegas

17.05.2017 | 15:46
Freixanes, no pleno da RAG. // B. Lorenzo

xesús alonso montero

"Irmau, que nos mataron"

Guevarismo e marxismo na obra literaria  de Carlos Casares

armando requeixo

Príncipes, vellos e escaravellos

Arredor do Casares tradutor

laura piñeiro

Abrentes de esperanza

O homenaxeado nas Letras Galegas, poeta de poetas

joaquim ventura

A memoria miúda

A capacidade evocativa

 

O salón de plenos da Casa do Concello de Xinzo de Limia acolle esta mañá a sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas dedicado este ano a Carlos Casares. Académicos, intelectuais, familiares do escritor ourensán e veciños da vila asisten ao acto, no que tamén están presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, entre otras autoridades políticas.

Unha carpa no exterior do consistorio retransmite en directo a conmemoración para que todos os nteresados podían seguila.
A sesión arrancou ás 11.30 horas coa presentación a cargo do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e as intervencións dos académicos Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero. Pecha Freixanes e, a continuación, celebrarase unha homenaxe institucional na Praza Carlos Casares da vila na que o escritor pasou a súa infancia.

Casares foi, da man de Piñeiro, deputado nas eleccións autonómicas de 1981 e tan só catro anos despois foi nomeado o membro máis novo da Real Academia Galega, según EFE.

"Carlos Casares foi un home comprometido co seu tempo e que defendeu o país como proxecto de futuro e un país que necesita dunhas institucións sólidas", sinalou Freixanes, en Xinzo, localidade que acolleu a sesión extraordinaria da RAG e que deu paso ao descubrimento da placa na praza anexa, que recibe o nome do escritor de "Vento Ferido".

Na súa alocución, Freixanes, quen se centrou na "dimensión" de Casares como xestor cultural e editor, defendeu o compromiso do autor "por Galicia e a cultura e lingua galegas", non desde unha etiqueta política senón ideolóxica e que, segundo comentou, pódese ver reflectido en "a súa dedicación" á editorial Galaxia, dixo.

Tal e como lembrou, ademáis de escritor, Casares foi membro da Real Academia Galega en 1977 e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996, e dirixiu durante moitos anos a Editorial Galaxia, circunstancia que, segundo o presidente da RAG, se reflectiu na súa defensa para construír unhas "institucións sólidas". Tamén foi deputado autonómico polo PSdeG nas eleccións de 1981.

Previamente, Fina Casalderrey fixo un repaso pola traxectoria do escritor como "construtor" e a súa vinculación coa terra limiana, que lle deu "unha fonda pegada" na súa obra literaria ademáis de destacar a súa "sabedoría" e como comunicador universal.
A Académica, que considerou "de xustiza" esta homenaxe na localidade que viu dar os seus primeiros pasos ao escritor, destacou "a súa contribución" ao mundo intelectual e literario e tamén na "universalización da cultura".

Para referendar esta afirmación, resaltou o feito de que varios centros de ensino levan o nome do autor galego. Pola súa banda, Alonso Montero centrouse na "cara" de Casares máis "nova" e que virou "ao redor da figura do Ché e o marxismo", todos eles, "aspectos complementarios dun personaxe que aínda dá máis de sí", dixo.

Este acto precedeu ao acto de homenaxe que rendeu a localidade de Xinzo a Carlos Casares, despois de case dez días de actos festivos. Alí, as autoridades políticas e culturais descubriron unha placa en homenaxe ao escritor. Este acto foi inaugurado polo titular do Goberno Alberto Núñez Feijóo e contou coa interpretación do Himno galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine