17 de mayo de 2017
17.05.2017

Carlos Casares, un home "bo e xeneroso", xa é fillo predilecto da cidade de Ourense

O recoñecemento da cidade ao intelectual e escritor chega con 14 anos de atraso desde a súa aprobación -O alcalde afirma que se fai xustiza cun "referente" para os ourensanos e galegos

17.05.2017 | 04:55

Un día especial e emotivo. Desde onte, o escritor Carlos Casares é oficialmente fillo predilecto da cidade de Ourense, catorce anos despois de que o pleno o aprobase, en 2003, por unanimidade, e na véspera do Día das Letras Galegas que hoxe se adica á figura dun "home bo e xeneroso", tal e como definiu o alcalde, Jesús Vázquez, ao intelectual.

Foron uns actos cunha alta "carga emocional", recoñeceu Christian Casares, fillo do autor ourensano, que recibiu de mans do rexedor o pergamiño no que se recolle o nomeamento a título póstumo de fillo predilecto. No acto, que se celebrou no salón de plenos, tamén participaron o outro fillo de Casares, Hakan, e os irmáns do escritor.

Na súa intervención, o alcalde proclamou que coa homenaxe "faise xustiza a Carlos Casares", en alusión á demóra -de catorce anos- que se produciu desde que se adoptou o acordo plenario de concesión do título de fillo predilecto. Destacou ademáis que o autor é un "referente para os ourensanos e os galegos", xa que é "parte importante da historia do século XX".

Jesús Vázquez incidiu igualmente na "profunda pegada" que deixou na literatura galega, así como no seu compromiso, nas súas diferentes facetas -como "home polifacético que foi"-, con Galicia.

Por iso é polo que para o rexedor onte foi "un día de festa para Ourense", no que os cidadáns recordaron a "un home traballador, inquedo, creativo e emprendedor", en definitiva, "rendémoslle unha homenaxe sentida a un veciño ilustre, e saldamos unha débeda que tiñamos con Carlos Casares".

Xenerosidade

Foi Christian Casares, un dos fillos de Carlos, o encargado de agradecer a "xenerosidade" de Ourense coa figura do seu pai, unha cidade na que daba os seus primeiros pasos no mundo literario.

Recoñecendo que "é dificil non emocionarse" coas mostras de agarimo, do mesmo xeito que lle sucedía aos familiares que estaban presentes no salón de plenos, recordou a capacidade creativa do seu pai e, sobre todo, esa paixón polos faladoiros.

A súa intervención tamén serviu de agradecemento ao alcalde e aos membros da corporación presentes, así como aos representantes doutras institucións que participaron activamente nos actos do que xa se denominan "o ano de Carlos Casares".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine