Crónica e crítica social -dalgún persoeiro local a Trump, incluído-, exaltación da primavera, gaitas e cabezudos. Ourense festexa desde este mediodía a romería dos Maios, declarada de Interese Turístico de Galicia, e unha das celebracións máis senlleiras e enxebres da provincia.

Corenta e tres maios concursan ás mellores representacións e coplas, tras semanas de traballo en grupo. As rúas do Paseo e Lamas Carvajal acollen a festa, secundada por centos de ourensáns. Aí vén o maio, di o poema de Curros Enríquez e a canción de Luis Emilio Batallán.