Esta actividade continúase facendo con "gran éxito de participación", pese ao recorte de fondos que tivo. "Non rematou a crise", indica a responsable de Correlingua en Ourense, Sara Martiñá. Só recibe unha subvención de 3.400 euros do Concello da capital, que ademais pon a disposición do evento o Auditorio, a megafonía que utiliza na Praza Maior e a Policía Local. "Hai anos que non recibimos ningunha achega da Depuración nin da Xunta". Esa é a razón pola que teñen que pagar os autobuses aos centros participantes desde o ano 2010.

Correlingua está organizada por CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística.