03 de mayo de 2017
03.05.2017

Correlingua, en Ourense

O CEIP Manuel Luís Acuña logrou o primeiro premio de pancartas en Primaria, mentres que o de Secundaria foi para o IES O Ribeiro

03.05.2017 | 20:49

Máis de 1.300 alumnos, de 21 centros educativos da provincia –631 de dez colexios de Primaria e 744 de once de Secundaria–, participaron nas actividades de Correlingua que se celebraron onte en Ourense. Os colexios utilizaron 20 autobuses para desprazarse ata a Praza Maior e o Auditorio, sufragados polos respectivos centros educativos.Contou co apoio do alumnado do TAFAD do CIFP A Farixa.

O CEIP Manuel Luís Acuña logrou o primeiro premio de pancartas de Primaria; o CEIP de Prácticas, o segundo; o CEIP Carlos Casares de Xinzo, o terceiro. O primeiro premio de pancartas de Secundaria foi para o IES O Ribeiro, de Ribadavia; o segundo, para o CPR Malvedo; e o terceiro, para CPI José García García.
Os organizadores tiveron que cerrar la inscrición de centros de Secundaria da provincia no mes de abril, ao estar "condicionados" pola capacidade do Auditorio de Ourense.
Os alumnos de Primaria comezaron a actividade na Praza Maior de Ourense as 10.15 horas, e logo fixeron unha andaina con pancartas ata o Auditorio, e os de Secundaria dirixíronse as 9.45 horas ao Auditorio, y logo desprazáronse a Praza Maior. A marcha estivo encabezada polo Folión de Trives, cos seus tambores. Os de Primaria subiron pola rúa Carnal Quiroga, coas súas pancartas, e esperaron no cruce con Santo Domingo que pasaran os de Secundaria cara ao Parque de San Lázaro, para evitar que se xuntaran as dúas marchas.
Correlingua comezou a súa andadura hai 18 anos dun xeito máis modesto. Nas primeiras edicións, consistía en carreiras pola lingua, que se facían nas principais cidades de Galicia. Pero ao incrementarse a participación, os organizadores convertérono en andaina, con actuacións.
O principal obxectivo desta xornada e reivindicar a utilización da lingua galega. O lema deste ano é: "En galego, sen cancelas". A partir do lema que hai en cada edición, os alumnos dos centros educativos que participan fan pancartas, que mostran na Praza Maior de Ourense e durante a andaina ata o Auditorio.
Correlingua arrancou onte na cidade das Burgas. Hoxe faise en Lugo, o venres na Coruña e na semana que ven na provincia de Pontevedra. De aquí ao día 17, "todos os días hai un Correlingua e algúns días dous".
Esta actividade continúase facendo con "gran éxito de participación", pese ao recorte de fondos que tivo. "Non rematou a crise", indica a responsable de Correlingua en Ourense, Sara Martiñá. Só recibe unha subvención de 3.400 euros do Concello da capital, que ademais pon a disposición do evento o Auditorio, a megafonía que utiliza na Praza Maior e a Policía Local. "Hai anos que non recibimos ningunha achega da Depuración nin da Xunta". Esa é a razón pola que teñen que pagar os autobuses os centros participantes desde o ano 2010.
Correlingua está organizada por CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine