O concello do Carballiño ven de incorporarse ao programa APEGO, creado para promover o uso cotián da lingua galega dende a infancia. O concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, acudiu a un acto desenvolvido en Nigrán, en representación do concello do Carballiño.

Alcaldes, concelleiros/as e persoal técnico de 30 concellos asistiron na Casa do Concello de Nigrán á sinatura da addenda ao programa Apego, que incorpora sete novas entidades municipais.

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Cee, Lugo, O Carballiño, Ponteareas, Sada, Vilagarcía de Arousa e Nigrán súmanseao resto de concello galegos que xa estaban no programa.