El Festival Internacional Rebulir (FIR) voltou onte a Ramirás apostando pola pola música de raíz. O certame, organizado pola Asociación Cultural Rebulir, o Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia, foi presentado e inaugurado onte, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, polo asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez; a secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Silvia Dorado; a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez; o alcalde de Ramirás, Carlos Rodríguez; e o director artístico do FIR, Alexandre Sotelino.

A gala central o domingo estará presentada polo actor ourensán Diego Freire, acollerá actuacións de seis grupos, ademáis do colectivo anfitrión, Rebulir. Leilía e Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán recollerán os Premios Rebulir 2016, "por traballar en prol da cultura galega e ter esa capacidade de facer humor na nosa lingua, respectivamente" sinalaron. A Banda Municipal de Música de Ramirás será recoñecida co Premio Homenaxe polo conxunto da súa traxectoria.