"Na educación, debería haber máis espazo para as actividades artísticas"

22.07.2016 | 04:55

-De pequeno, debuxabas nas paredes da casa. Deixaríaslles aos teus fillos, se fose o caso, facer o mesmo?

-(Risas) Aos meus fillos procúrolles dar lapis e papel, o papel que non lles falte. Se teñen que pintar algunha parede, xa llela delimito eu.

-No colexio, pintabas por fóra da liña e iso custouche algunha que outra rifa das monxas. É bo saírse da liña na vida?

-Eu era de emborrallar. Que me puxeran límites era algo que me fastidiaba bastante. Cando había que seguir as directrices da mestra ou da monxa, non quedaba outra. Na vida, hai que procurar saírse da liña, mais ata certo punto. Non considero que as fronteiras ou as liñas demasiado acoutadas sexan saudables. Hai que ter unha visión máis ampla das cousas e non ir demasiado polo rego ou os ditames. Temos que ser máis autónomos e ter máis liberdade de actuación.

-Neste país, a educación e a arte nunca se levaron ben. Que opinión che merece?

-Paréceme fatal. A arte é unha maneira de exercitar a nosa parte creativa. A creatividade axuda a resolver moitos problemas. Na educación, debería haber máis espazo para as actividades artísticas.

-Que lle recomendarías aos cativos que amen a arte do debuxo?

-Que aposten por iso. Se é algo que lles chega a apaixoar, poden chegar a vivir do debuxo. Animo a todos os pequenos que estean amarrados ao lapis e ás cores que nunca os deixen.

-Tes soñado con algún dos teus personaxes?

-Pois é posible. Moitos soños quedan gardados no subconsciente e logo pode ser que aparezan reflectidos nas viñetas. A miña muller dime moitas veces que escacho da risa mentras durmo, igual estou imaxinando unha situación humorística que logo aparece no debuxo.

-Serías protagonista dalgunha das túas viñetas?

-Non. Eu son un mero transmisor. O que vexo polos ollos convírtoo en debuxos, polo que prefiro debuxar o que vexo a ser protagonista. En certo modo, eres protagonista, aínda que sexa en terceira persoa, xa que moitas viñetas derivan de vivencias persoais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Lo último Lo más leído
Enlaces recomendados: Premios Cine