O Concello de Ourense convoca a 17 edición do Premio Risco

30.05.2016 | 02:23

O Concello de Ourense, en colaboración coa Fundación Vicente Risco, abre unha nova convocatoria -a décimo sétima- do Premio Risco de Creación Literaria dedicada ao xénero narrativo. Poderanse presentar novelas, conxuntos de relatos ou ensaios de carácter inédito, redactados en lingua galega de acordo coa normativa oficial vixente, e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300. A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro.

Para garantir o anonimato de autoría, os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 a dobre espazo. Os orixinais irán acompañados dun único sobre pechado, que conterá a identidade do/a autor/a (nome completo, enderezo postal e electrónico e teléfono) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior, exclusivamente, o título ou lema da obra. O prazo de entrega remata o venres día 23 de setembro de 2016 no Concello.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Lo último Lo más leído
Enlaces recomendados: Premios Cine