Parada de Sil viviu onte unha xornada solemne, con motivo da Festa das Letras, que o concello fai coincidir co homenaxe a un veciño que teña destacado pola sua actividade e que xeralmente reside fora do concello. Iste ano o homenaxeado foi Manuel Valdés, empresario natural de Sacardebois, que emigrou sendo adolescente, asentado en Barcelona on desempeñou varios oficios, en onde pronto se meteu a empresario do transporte.

Despois de convertire en taxista, trou no mundo da comunicación e fundou Radio Tele Taxi e hoxe Radio Pomar, onde defendeu sempre o galego e aos galegos de todo o mundo, pero especialmente aos afincados en Cataluña. Paralelamente adquiriu e reflotou as Adegas Valcar, que significou a aposta dun triunfador pola sua terra, á que volta cada vez que os seus compromisos llo permiten.

A alcaldesa de Parada do Sil, Yolanda Jácome destacou no acto literario de onte, a traxectoria de Valdés, e afirmou que o concello síntese orgulloso de poder homenaxear a persoas que teñen feito un labor destacado no eido profesional e que ao mesmo tempo promocionan a su aterra. Agradeceu tamén a labor de mecenazgo de Eugenio Prieto, profesor universitario en Madrid e agora xubilado. Manuel Valdés, ademáis de lembrar andanzas da sua infancia agradeceu o premio lembrando que "temos unha língua propia, non a temos que inventar nin alugar, así que usémola e defendámola" declarou

No transcurso do acto tivo lugar a entrega de premios do concurso de microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra. O primeiro premio, dotado con 1.000 euros foi para a escritora madrileña María Cabezas Ruíz; o segundo, dotado con 500 euros, foi para Ariadna Fernández Colunga, unha xove escritora leonesa. Debido á calidade dos traballos, o xurado fixo unha mención excepcional para o traballo "A miña serea" do vigués Xosé Alfredo Fernández, para quen o patrocinador otorgou 300 euros, a pesares de non estar contemplado nas bases.

Finalmente, tivo lugar o acto de descuberta dunha placa de granito na casa natal de Manuel Valdés, no pobo de Sacardebois.