CIBELES

"Animacam" xa conta con 225 filmes participantes, a un mes de que se inicien as votacións

Traballos chegados dende máis de 60 países dos 5 continentes aspiran a un dos tres premios deste festival de animación online

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

NATALIA UMPIÉRREZ - OURENSE A pouco menos dun mes de rematar o prazo de recepción de filmes, o Festival Internacional de Animación On-line "Animacam" xa conta con 225 candidatos a algún dos tres premios do certame correspondentes coas categorías de Curtametraxes (producións audiovisuais animadas inferiores a 30 minutos), Multimedia (spots publicitarios, móbiles, videoxogos, cabeceiras e pilotos de televisión) e Animación retrospectiva (filmes de animación producidos con anterioridade a xaneiro de 2009).
Dende o 1 de marzo, a páxina web oficial do Festival ven recibindo distintos produtos audiovisuais dende os máis remotos lugares do planeta.
Preto de 60 países xa figuran na lista da terceira edición de Animacam, un certame onde creadores e produtores de debuxos de todo o mundo atopan un oco para expoñer os seus traballos.
O director de Limaia Produccións S.L, e a súa vez de Animacam, Xosé Luis Martínez Carneiro, amósase sorprendido ante o éxito que está a ter esta nova edición que xa conta con participantes nos cinco continentes.
O productor galego apunta que as temáticas dos traballos son do máis variadas abundando aquelas que fan referencia ós medos e fobias tanto persoais coma colectivos e de drama e denuncia social. Engade que chama a atención a crecente mestura que os creadores fan das técnicas do 2D, 3D, plastilina ou Stop Motion.

Unha porta ó coñecemento

"Chegan moitas obras que son auténticos poemas visuais e que non respostan á estrutura tradicional de inicio, nó e desenlace" declara Xosé Luis, quen cre que Animacam é a oportunidade que moitos creadores necesitan para dar cabida ós seus traballos, cuios formatos moitas veces non se adaptan ós requisitos deste tipo de certames.
O feito de que poidan participar traballos de moi pouca duración e dende calquer lugar do mundo é o que converte a Animacam nunha cita que, como Xosé Luis indica, vai "máis alá do propio festival" xa que axuda a dinamizar e abrir posibilidades ós participantes.
O obxectivo deste Festival, que se extende ó longo do ano con actividades concretas vencelladas ó mesmo, é o de "converterse nunha casa de animación de todos e para todos", confesa Xosé Luis.
A dinamización que se consegue mediante esta experiencia online abre para os participantes unha prometedora vía de mostra das súas obras.
Este foi o caso do director e productor australiano Damien Pascoe, quen tras participar na pasada edición de Animacam e fascinado polo proxecto posto en marcha pola productora ourensá Limiar Produccións, propuxo a idea de coproducir con ela a súa próxima curtametraxe de debuxos animados.
Por isto, Australia e Ourense serán, a partes iguais, os escenarios onde Damien produza e rode o seu novo traballo que será estreado na vindeira edición de Animacam.
Unha vez pechado o prazo de recepción das obras, o 23 de setembro, comezarán as votacións na web de Animacam, a cal xa sumou más de 300.000 visitas no que vai de ano.
As cifras crecentes van afortalando o proxecto que se converte nun referente mundial do cine de animación online.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
89%
No 11%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009