A nova edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará en Ribadavia os días 2, 3 e 4 de xullo, está xa coa conta atrás. O concelleiro de Promoción Económica, Emilio Cuiñas, participou onte na presentación oficial desta nova edición dunha das actividades máis importantes e con máis tradición da comarca. É durante o acto desvelouse un dos datos que aínda era una incógnita: o nome do pregoeiro.

Según anunció Cuiñas, a actriz de orixe colombiana e afincada en Galicia, Camila Bossa será a encargada de ler o pregón con que se inaugura oficialmente a XLVII edición da Feira do Viño do Ribeiro. A actriz comezou no mundo da interpretación co grupo EIS de teatro universitario de Santiago. En televisión saltou á fama co seu papel de Belinda na serie "Mareas Vivas" ,que supuxo a súa popularización definitiva despois do seu paso pola aclamada "Pratos combinados".

O pregón terá lugar no recinto feiral da Alameda o próximo venres 2 de xullo a partir das sete da tarde. Nesta inauguración da feira está prevista tamén unha actuación da Banda La Lira de Ribadavia.

Cuiñas destacaba onte na presentación que, "sen realizar grandes cambios sobre a posta en escena de edicións anteriores, construímos un programa de gran calidade, cun presuposto axustado a 80.000 euros, no que adquiriron especial relevancia os músicos. Actuacións como as de Xoxé Manuel Budiño ou Anxo Lorenzo están orientadas, sobre todo, a un público máis novo."

No programa desta nova edición destaca a actuación que Xosé Manuel Budiño realizará en Ribadavia como presentación en Galicia de "Volta" o seu novo traballo discográfico. O concerto será a noite do sábado 3 de xullo na explanada do Castelo a partir das 23.30 horas, no que contará, ademáis, coa colaboración de Xoel López. A entrada será libre.

Anxo Lorenzo será, polo súa banda, o protagonista na noite do venres 2 de xullo. Ofrecerá a a partir das 23:30 horas un concerto no que dará mostra do seu flok alternativo e gaitas electrónicas.

Participación

No recinto feiral da Alameda, onde transcorrerá esta nova edición do Feira do Viño do Ribeiro, confirmaron a participación máis de 30 adegas, aínda que outras moitas estarán presentes ao acudir mediante un expositor non presencial.

Igual que xa ocorreu na pasada edición, instalarase un posto degustación co obxectivo de que visitantes e profesionais do sector proben os viños daquelas adegas que non acoden fisicamente con posto á feira pero participan nela.

E para todos aqueles que non se queiran perder esta cita co bo viño, a apertura do recinto producirase ás 19 horas, momento da inauguración, ata as 23 horas. Mentres que o horario o sábado e domingo será de 11 h a 14:30 horas en horario de mañá e de 18 a 23 horas no de tarde.

Polo que respecta ao apartado formativo, nesta ocasión substituíronse as tradicionais xornadas técnicas polo curso "A cultura do viño na Idade Media", que se levará a cabo do 29 de xuño ao 1 de xullo, sendo organizado pola Uned de Ourense e o Centro de Estudos Medievais (CEM). Nesta activade participan expertos medievalistas como Anselmo López Carreiras, Ana María Rivera Medina ou Carlos Roura, quenes ofrecerán a súa análise sobre o mundo do viño e a alimentación nese periodo histórico.