Marcos Valcárcel pecha definitivamente "As uvas na Solaina"

O historiador ourensá pon punto final con este escrito a fecundos anos de entrega

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Marcos Valcárcel é o historiador, crítico, estudoso, divulgador e dinamizador cultural máis fecundo e rigoroso da cidade de Ourense nos últimos anos. Constitúe un elo entre os vellos mestres e as novas fornadas de escritores e investigadores, baixo o denominador común do compromiso político, da calidade formal e servizo ó país, ó rescaldo da Xeración Nós..

X.M. DEL CAÑO - OURENSE Juan Fonseca foi "apañando palabra a palabra, letra a letra nos casos de dúbida, para escribir este texto nas longas noites desta primavera. Con el péchase definitivamente o vizoso ciclo d´As Uvas na Solaina, baixo o título "Un lóstrego".
Derradeira mensaxe de Marcos Valcárcel: "Aproveito a amabilidade do amigo Juan, un dos meus coidadores, para enviar estas liñas a todos os amigos e amigas".
"Son de agradecemento a todas as entidades que nos últimos tempos me dedicaron o seu apoio ou recoñecemento, como o Pen Clube de Galicia, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación de Editores Galegos e o Liceo de Ourense".
"Grazas a Xosé Luís Baltar por defender con éxito a miña candidatura ao premio Otero Pedrayo 2008, e á Presidencia da Xunta de Galicia por concederme a medalla Castelao".
"Grazas tamén á Fundación Curros Enríquez, ao Congreso Manuel Luís Acuña, á Fundación Carlos Casares, ao grupo Sarabela e aos medios de comunicación. Grazas aos meus compañeiros do Instituto da Carballeira, os mellores do mundo. Grazas aos amigos que organizaron a homenaxe do 2008 e o libro Marcos Valcárcel, o valor da xenerosidade, con máis de duascentas colaboracións de escritores e artistas. Os amigos foron un diamante en bruto e un apoio constante: Benito Losada, Afonso Monxardín, Eduardo Núñez, César Ansias, Moncho Quintana, Xosé Luís Troitiña, Xoán Fonseca, Pepe Trebolle, Xulio Outomuro, Millán Picouto, e as súas donas".
"Grazas ao meu irmán Fiz e a Ánxela polas xornadas fresqueiras ao pé dos carballos da súa casa no Pereiro. E, por suposto, a María e a Eire: por todo".
"Aproveito para despedir voces amigas, destacadas na nosa historia cultural: Anselmo López Morais, Manuel de Dios, Begoña Muñoz, Javier Randulfe e Perfecto Estévez".
"A vida, un lóstrego entre dúas escuridades", escribiu o poeta Vicente Aleixandre. Até o labrego que vive nunha aldea na montaña deixa ese lóstegro entre os seus seres amados".
"Escoito a cantante brasileira María Bethânia e encontro este verso:"Navigar é preciso; viver nao é preciso". Navigar, descubrir a vida en cada minuto, deixar as fiestras abertas e reconciliarse coa TERRA".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
51%
No 49%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009