Etelvino Blanco - Secretario comarcal de CIG

"Moitos empresarios aproveitan o paraugas da crise para aumentar os seus beneficios"

"A provincia de Ourense non precisa máis proxectos senón profundas reformas a nivel estructural"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Etelvino Blanco.
Etelvino Blanco.  Jesús Regal

J.FRAIZ - OURENSE Estamos en crise. En Ourense o malestar da economía envurúllase de xeito tal que a fai ser “permanente” segundo cre Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG. Leva unha xeira de 33 anos na acción sindical entendida desde o prisma do nacionalismo e a observancia dos salarios e o emprego. Con 4 anos por diante de xestión, esixe a implicación das institucións para facilitar a dialéctica obreiro-empresariado.

–Sae reelixido líder dunha executiva chea de caras novas. ¿Houbo reticencias para formar lista no medio da crise?

–A executiva é froito do consenso e representa plenamente ó conxunto dos afiliados. Neste momento, a xente da CIG non ten interese en fomentar liortas estériles, senón en fomentar a unión da organización, porque así haberá tamén máis capacidade de presión.

–¿Evolucionará cara arriba ou á baixa a situación económica de Ourense nos próximos 4 anos?

– Aínda que haxa melloras e se chegue a non destuír emprego, a provincia está nunha situación de crise permanente que vai perdurar durante moito tempo mentres non muden os plantexamentos con esta provincia.

–¿Continuarán logo a medrar como no último ano os expedientes de regulación de emprego, ou os concursos de acreedores?

–Esperemos que neste ano non se acade o nivel de 2009 (1.219 traballadores estiveron inmersos en 57 procesos de ERE) porque sería unha auténtica catástrofe. Pero preocupámonos por un dato: hai empresas que aínda non solucionaron os expedientes de regulación, con traballadores que agora están en suspensión temporal pero poderían perder os seus postos.

–¿Vai mudar neste senso a acción do seu sindicato?

–A nosa acción sindical debe estar marcada pola esixencia e a presión sobre as institucións para que adopten unha política preferente con respecto a Ourense.

–¿Á medida de plans estratéxicos como o Impulsa Ourense prometido pola Xunta?

–Basta xa de proxectos para Ourense, que tampouco precisa medidas de carácter xeral. Hai que profundizar a nivel estructural, con políticas activas no sector primeiro, na construcción ou primando o desenvolvemento da industria.

–¿O novo fondo estatal de emprego do Plan E, é algo máis ca un paliativo?

–Sobre iso necesitamos información e, de feito, imos pedir dacordo coas outras centrais sindicais que nos informen sobre o novo plan, no que teña que ver cos cartos que se van invertir e tamén no emprego que se pensa crear. De momento, estannos ocultando toda esa información.

–¿As dificultades marcarán a relación co outro actor, o empresariado?

–Estaremos vixiantes, porque os empresarios van seguir aproveitando a actual situación nos próximos meses. Moitos deles usan o paraugas da crise para aumentar os seus beneficios, desfacéndose de parte da plantilla ou con suspensións temporais de emprego.

–¿Que postura vai ter a comarcal ourensana ante o borrador do galego?

–Como central nacionalista que somos, a defensa da identidade e o idioma é nosa reivindicación. O día 21 de xaneiro estaremos en Santiago movilizándonos a prol do galego.

COMPARTIR
 
galería: grandes fracasos de hollywood

galería: los matrimonios más ricos según forbes

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009