"A Esmorga" será a primeira representación de Sarabela como grupo teatral residente da cidade

A obra é o primeiro froito dun modelo de política teatral pioneira en Galicia

 22:34  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Un instante de la representación.
Un instante de la representación.  Jesús Regal

K.R. - OURENSE Ourense acollerá o reestreo da adaptación teatral de A Esmorga, unha creación de Sarabela Teatro en torno á obra cumio de Eduardo Blanco Amor, que será a primeira experiencia dun proxecto pioneiro en Galicia consistente na conversión de Sarabela en compañía residente da cidade, na que o auditorio constituirá esta residencia.
Na práctica, este modelo de política teatral significa o amparo das institucións municipais de cara á produción, co cal tamén se persegue chegar a un teatro menos taquilleiro, que xere emprego estable e potencie a vida teatral da cidade, así coma un contacto máis fluído cos espectadores.
Isabel Pérez, concelleira de cultura, mostrou a súa fonda satisfacción coa posta en marcha deste proxecto, que provén dunha reclamación histórica, e afirmou que a iniciativa "fai cidade, pero ten vontade de chegar ó mundo enteiro".
Pola súa banda, a directora da compañía Sarabela, Ánxeles Cuña, afirmou que "se nos presenta unha gran oportunidade despois de 29 anos de condicións bastante precarias".
Deste xeito, "poderanse levar a cabo obras de mellor calidade", ó contar cun espazo privilexiado coma o auditorio para difundir as obras de cara ó publico, pero tamén para crealas, como puntualizou Ánxeles Cuña, pois o edificio ourensán será o seu lugar de ensaio.
Esta nova forma de xestión teatral arranca en Ourense co apoio da Concellaría de Cultura, que achega 75.000 euros; así coma da AGADIC, que contribúe ó proxecto con 80.000 euros.
Isto obriga a facer un total de 36 funcións á compañía no municipio, das que a primeira será A Esmorga, que se estreará o vindeiro día 18 de setembro e estará en cartel ata o día 30.
O Xefe Territorial da Consellería de Cultura en Ourense, Gerardo Pumar, afirmou que este proxecto axudará a "mellorar a vida cultural da cidade", e falou de Sarabela coma "a mellor compañía de teatro da cidade", ó tempo que felicitou á compañía polos seus trinta anos de traxectoria.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009