A. C. - OURENSE
A vila de Allariz inaugurou onte a súa decimocuarta edición da Feira do Doce Amendoado e Melindre. Durante este fin de semana todo aquel que se achegue ata o concello poderá coñecer a repostería e os licores propios da zona. Segundo o concello o obxectivo deste festexo é, ademáis de promocionar os produtos alaricanos, afianzar unha tradición que estivo a piques de perderse.
Este festexo, organizado polo Concello de Allariz e a Asociación de Productores Artesáns de Allariz, inaugurouse onte sábado. Dende as dez e media da mañá os asistentes puideron comezar o seu percorrido polos once postos instalados, nos que degustar e mercar os doces e os licores.
As oito da tarde levouse a cabo a homenaxe oficial a repostería aralicana. A continuación, o cociñeiro natural da vila, André Arzúa, do programa "Comando Chef", xunto co seu compañeiro de programa Rafa, encargouse do pregón espectáculo.
Despois desta inauguración oficial, chegou o momento da animación da man da Banda de Música Xuvenil de Barro que ofreceu un concerto no mesmo lugar no que se desenvolve a feira. Hoxe a actividade continúanesta mesma liña, dende as dez da mañá ata as oito e media, hora á que se clausurará esta edición.
Ademais dos doces alaricanos, este ano acudiron a feira como convidados Pobra de Trives, coa su a tradicional vica e Mondoñedo e a tarta Fora Meigas. O cartel completouse con reposteiros de Cantabria, León e Melide que ofreceron productos artesanais propios de cada zona.