EN DIRECTO

Castrelo do Val acollerá a X Festa de Homenaxe ós Carrilanos galegos

Os artífices dos camiños de ferro tiñan longas xornadas e padecían silicose

 02:29  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN - OURENSE O Concello de Castrelo do Val, xunto coa Asociación Cultural Os Carrilanos organizan a X Festa de Homenaxe ós Carrilanos. O acto, que consistirá nunha ofrenda e intervencións dos organizadores, terá lugar este domingo á unha e media do mediodía, en Campobecerros, fronte ó monolito que se ergueu na honra destes traballadores, para acto seguido desfrutar dun xantar de confraternidade ás tres no pobo de Pepín.
Este evento leva celebrándose dende o ano 2000, para recuperar a memoria destes traballadores, que construíron o ferrocarril cara á meseta, unha das obras civís máis destacadas do século XX.

Padecían “o mal da via”

A vida destes traballadores non foi fácil, xa que padecían enfermidades derivadas do seu traballo, coma a silicose, tamén chamado “o mal da via”, consistente en fibrose nos pulmóns e dificultades para respirar derivadas da inhalación prolongada de compostos químicos que conteñen sílice cristalina, que en moitas ocasións provocaba a morte.
A asociación cultural Os Carrilanos lembra que é obrigatorio acordarse destes traballadores que foron heroes do século pasado, ó conectar Castela con Galicia.
Esta obra, complexísima pola dificultade que plantexaba a orografía do terreo, comezouse a plantexar nos anos setenta do século XIX, pero non se comezou a construír ata a chegada da ditadura de Primo de Rivera, erematouse nos anos cincuenta xa en plena época franquista.
O presidente da Asociación de Carrilanos, Xosé Barxa, afirmou tamén que a asociación loitará para que coa chegada do AVE “se manteñan os trens de cercanía e se mellore o servizo”, pois o servizo público non ten que ser só rendible económicamente, senón tamén socialmente

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009