Bóveda vive 73 anos despois do seu asasinato

O Concello de Ourense e os seus veciños honran ao galeguista asasinado no 1936 acusado de traizón

 23:58  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Membros da Corporación ourensana
Membros da Corporación ourensana 

"Fixen canto puiden por Galicia, e faría máis se puidera. Se non podo, ata me gustaría morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado". Estas palabras que o propio Alexandre Bóveda Iglesias pronunciou pouco antes de que o asasinasen condensan a esencia dun home que traballou polo pobo galego. Ourense, a súa cidade natal, quixo homenaxear a memoria deste intelectual e galeguista no aniversario de seu pasamento. E é que cada 17 de agosto o disparo destro que rematou ca súa vida volve a resoar e rexurde o espírito da Galicia Mártir.

ALBA CHAO - OURENSE O 17 de agosto de 1936, tras confesarse, Alexandre Bóveda foi conducido cara A Caeira onde unha bala, disparada polos sublevados ao comezo da Guerra Civil española, remataría ca súa vida aos 33 anos. Os galegos exiliados en Bos Aires decidiron adicarlle o 17 de agosto baixo o lema de "Galicia Mártir". Onte, máis de sete décadas despois do seu asasinato, boa parte da Corporación do Concello de Ourense acudiu o acto conmemorativo que lle ofreceu a cidade que o viu nacer.
Diante da súa casa, na rúa da Barreira, veciños e autoridades lembraron a este propulsor do Estatuto de Autonomía de Galicia e promotor do Partido Galeguista. No acto, Isabel Pérez, concelleira de Cultura, lembrou como tras coñecer a sentencia de morte Bóveda asegurou que todo o agarimo polo seu país "non me obriga a sentir ningún odio á España á que, por dereito, pertenzo. Só combatín os seus erros e as veces a súa crueldade política cunha Galicia idolatrada." Con ton emocionado, Pérez describiu a morte de Alexandre Bóveda como froito dun "xuízo inxusto".
Traidor, esta foi a acusación que o levou a morte. Nas súas últimas verbas Bóveda tamén fixo fincapé en que "a miña patria natural é Galicia, ámoa fervorosamente, xamais a traizoaría, aínda que me concedesen séculos de vida".
Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, e Andrés García Mata, tenente de alcalde ofrecéronlle un recordo floral a Alexandre Bóveda. Agora pode recibir tódalas flores que moi probablemente non lle permitiron ter no cemiterio de San Andrés, a onde foi trasladado o seu cadáver.
Co himno galego nas gorxas tódolos asistentes trasladáronse a aquel verán do 36, sentiron a intranquilidade, o medo e comprenderon que significaba pensar por aquel entón. E é que, a fin de contas, Alexandre Bóveda Iglesias foi asasinado por pensar, e neste caso non é un tópico. A través do xornal La Zarpa de Ourense e das súas dotes comunicadoras creaba conciencia. Isto estorbaba.
Como escribiu Celso Emilio Ferreiro no seu poema en memoria a Alexandre Bóveda "[...]O día xa está pronto, alma que agardas,faite bandeira, berra o teu dereito a ser estrela cando os tempos cheguen[...]cando tódolos nenos de Galicia sepan por qué mataron a Alexandre [...]". Para que xeración tras xeración se coñeza como rematou Alexandre Bóveda e outros moitos, se comprenda a historia e se poida ir cara un futuro mellor fanse necesarios estes actos.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009