ALBA CHAO - XINZO DE LIMIA
O colectivo Aguilhoar organiza por cuarto ano consecutivo o Festival da Mocidade de Xinzo de Limia. O longo de toda a xornada de hoxe os mozos e mozas que vivan ou pasen pola vila poderán disfrutar de diversión, cultura e información. Este ano, polo bo tempo, esperase batir o récor de asistencia de anos pasados, que rondou as 250 visitas. Os platos fortes no eido musical serán Leo i Arremecaghoná, Zyrconia e Esquios, que participan de xeito completamente gratuíto.
Ás cinco da tarde o festival iniciase coa Feira de Colectivos, na que outras organizacións da comunidade ou particulares comparten as súas ideas creativas, como libros, camisolas ou artesanía. Este festival non configura só unha oferta lúdica, senón que pretende informar e crear conciencia sobre os problemas máis acuciantes do momento.
Este ano fíxose inevitable que o tema de interés fose a crise económica. Para ilustrar a situación e focalizalo nun caso concreto que afecta a comarca, organizan unha conferencia na que participarán traballadores de Vidriera del Atlántico. En anos anteriores estas charlas sobre diferentes áreas contaron con boa aceptación. Aínda que estaba prevista a participación de Camilo Nogueira nesta conferencia, problemas familiares impediron a súa visita.
A partir das oito terá lugar unha performance feminista e un pasarrúas reivindicativo. Asimesmo procederase a pinta dun mural.
Segundo explica Andrés Taboada, membro de Aguilhoar e participante na organización do festival, este centro social pretende actos autoxeridos, isto é, sen a dependencia da administración e achegándose máis o comerciante. Con todo, asegura que, aínda que non teñan axuda económica do concello, sí que recibiron tódalas facilidades con respecto da participación da Policía Local ou o a localización da programación.
Todas as actividades son completamente gratuitas. Como conta Taboada, o festival subvencionase cos aforros persoais dos membros e a través da publicidade. Ademáis botan man de grupos que, como neste caso, acudan de xeito gratuito ou por unha cantidade moi pequena. Antes das actuacións musicais ofrecerán, tamén sen ningún custo, unha cea para tódolos asistentes.
Dende Aguilhoar aseguran que cada vez o festival está máis visualizado polo conxunto da sociedade e que aínda que, en Galicia non é demasiado sinxelo asociar xente, están conseguindo que este acontecemento, no que busca manter o propio, está tendo cada vez máis éxito.