|
|
|
HEMEROTECA » |
|
I. X. - CELANOVA A indecisión do pobo galego, baseada nunha herdanza antropolóxica moi difícil de franquear; así como os remordementos provocados polo control que a sociedade exerce sobre os nosos actos, son dous dos pilares sobre os que pivota a adaptación cinematográfica de “Sobre a morte do Bieto”.
–Que a levou a escoller este relato, e non outro, para adaptalo á gran pantalla?
–A dialéctica interna que ten o protagonista na historia, que é sobre o que está ben e o que está mal. Tamén, en como o xeito de actuar incide no que poida pasar despois en relación á sociedade, que neste caso é un pequeno pobo.
–Como se desenvolveu a rodaxe?
–Moi intensa. Cando rías, rías moi forte e cando chorabas, chorabas moi forte. Ademais, foi moi curioso traballar con xente de Celanova que o mellor non tiña trato co audiovisual, polo que se fixo interesante ver o seu punto de vista dende fóra. Tamén tivemos sorte porque traballamos maioritariamente en exteriores e a temperatura foi bastante agradable.
–E o traballo cos actores?
–Xenial. A nivel interpretativo pódese ver na cinta, pero gustaríame destacar a humildade do protagonista, Marcos Correa, que fai moi práctica a rodaxe ao non haber distinción entre o equipo técnico e artístico. Ademais, os actores tiñan moita paixón e eso trasládase a todo o equipo.
–Cara onde camiñan os teus proxectos de futuro?
Proxectos sempre hai. Estou aberta a todo, tanto en ficción como en documental; un que teño en mente é sobre un creador galego. Videoarte tamén me gustaría seguir facendo. Resumindo, gústame traballar coas imaxes en movemento.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||