Marta arribas - Concelleira do BNG

“Hai desavenencias no BNG pero eso é normal, tamén pasa noutros partidos?

Sempre discreta e pouco dada a sair nos medios de comunicación, Marta Arribas viuse obrigada onte a explicar o por que da súa dimisión na área de Termalismo e por que neste momento, coincidindo coa viaxe que o voceiro do grupo e a edil de Turismo fixeron polos balnearios de Europa.

 
Marta Arribas.
Marta Arribas.  Iñaki Osorio

S.F. - OURENSE –¿Por que dimite?

–É unha decisión totalmente persoal, non mo pediu ninguén. Sentía a necesidade de facelo porque o termalismo é complexo e transversal, está relacionado con outras áreas e non é positivo levalo de forma independente. Creo que hai que reconsiderar e reestruturar as áreas de goberno buscando unha saída favorable para a cidade.

–¿E non sería máis doado reforzar o traballo en equipo para fomentar esa transversalidade que renunciar ás competencias?

–Ás veces eso é complicado e non se consegue. A miña decisión é contrastada e individual, sei que vai ser positiva e que imos sair reforzado.

–¿Ten que ver coa famosa e polémica viaxe?

–É certo que parte do grupo municipal marchou a unha viaxe de termalismo pero non, insisto en que esto non é ningunha pataleta, eu non son así. Fágoo con seriedade e en consonancia coa miña personalidade.

–¿Entón por que precisamente neste momento?

–E o meu momento vital. En todo caso, quero decir que o meu cargo institucional está por riba de todo. Son concelleira porque me votou a xente e débome a unha organización política coa que quero e vou seguir traballando.

–¿Doéulle realmente non estar nesa viaxe?

–Que pena non pode ser sinceira... Mira, cando queira ir a Badem Badem ou a Karlo Vivary podo facelo. ¿Se me gustaría ir? Podería ser interesante pero estou segura de que a información que traen será compartida.

–¿Como reaccionou o voceiro Alexandre Sánchez cando lle trasladou a súa decisión?

–O principio non o entendeu pero como me coñece e sabe que é unha decisión miña respetouna. Ademáis eu non me desvinculo, teño formación técnica vinculada á enxeñería do mundo da auga.

–¿Confirma as desavenencias no interior do BNG municipal?

–Hainas no BNG como as hai no PSOE, no PP e en todas as familias. Sempre hai xente coa que tes máis afinidade e hai mellores momentos que outros. O que nos une é o compromiso coa cidade, as diferenzas puntuais quedan á marxe. O que pasa no noso grupo é normal.

  HEMEROTECA
Síguenos en...
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya