Ano Blanco Amor en Ourense

Miles de persoas recorrerán o "Roteiro da Esmorga" polas rúas da cidade

 
Eduardo Blanco Amor, nunha imaxe de Eduardo Rodríguez (1978).
Eduardo Blanco Amor, nunha imaxe de Eduardo Rodríguez (1978). R, I. Osorio

X.M.C. - OURENSE Durante este ano vaise reeditar o Roteiro da Esmorga, que poderán recorrer multitude de galegos. Estase preparando unha escenificación de A esmorga. O grupo Sarabela fará representacións da novela en teatros de toda Galicia. E tamén haberá exposicións de fotos, libros e material biográfico.

O Festival de Cine Independente de Ourense contará cun apartado dedicado a Eduardo Blanco Amor. O Outono Fotográfico tamén ofrecerá imaxes do escritor. O Museo Municipal de Ourense introducirá mostras sobre o escritor. O Ministerio de Cultura encargarase de promocionar a figura de Blanco Amor no conxunto do Estado.

A Deputación conserva a biblioteca de Eduardo Blanco Amor, na que se encontran valiosos exemplares, a pesares da perda que sufriu, pola inundación dun baixo en Vigo no que estivo gardada durante un tempo. Tamén dispón dun magnífico arquivo fotográfico e manuscritos.

Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897. En 1915 entra a traballar como secretario de dirección en El diario de Ourense. Participa dun xeito intenso no ambiente literario da cidade. Emigra a Arxentina en 1919. Fixa a súa residencia en Buenos Aires, onde toma contacto cos grupos galeguistas que se movían na vida cultural da cidade.

En 1923 fundou con Isla Couto a revista galega Terra e tres anos máis tarde ingresa na redacción do diario La Nación. Volve a España como correspondente do xornal en 1928. Nesa época comeza a actividade literaria, coa publicación de Romances galegos, de estilo modernista.

García Lorca

Entre 1931 e 1935 establece contacto con escritores da Xeración do 27, con varios intelectuais do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Mantén unha intensa relación con Alberti, Lorca e Castelao. Blanco Amor fixo xestións para que se publicaran os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, feitos polo autor granadino coa axuda de Ernesto Guerra da Cal.

En 1931, Blanco Amor publica na Arxentina Poema en catro tempos, longa composición sinfónica de filiación vangardista, encadrado nunha estética ligada á obra de Manuel Antonio.

Cando residía en Buenos Aires, Otero Pedrayo pediulle que colaborase na revista Nós, na que publicou, ademais de poemas, tres capítulos da novela A escadeira de Jacob.

Blanco Amor foi un emigrante que pasou a ser exiliado. Durante a Guerra Civil desenvolveu unha actividade xornalística a prol da lexitimidade republicana. Defendeu o Estatuto de Autonomía. Divulgou o idioma galego no continente americano. Intensificou a súa colaboración coa comunidade galega emigrada, con Arturo Cuadrado, Luís Seoane e Castelao.

Colabora no Faro durante a súa estancia en Vigo

Como poeta, Eduardo Blanco Amor publica Cancioneiro, en 1956. Fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego en 1957. Saca á rúa A esmorga en 1959, antes de deixar definitivamente América, considerada durante moito tempo a mellor novela da literatura galega.

Xa en Galicia, na década dos sesenta, publica Os Biosbardos (1962), libro no que plasma os seus recordos de infancia en Ourense, e Xente ao lonxe (1972).

En 1961 fixa a súa residencia en Vigo e comeza a traballar en Faro de Vigo.

Dedicou os últimos anos da súa vida a escribir obras de teatro, como Farsas para títeres, Teatro para a xente e Proceso de Jacobusland. Finou en Vigo, o 1 de decembro de 1979. Está enterrado no cemiterio de San Francisco.

En 1981 foi recoñecido como Fillo Predilecto da cidade de Ourense, onde ten unha rúa dedicada co seu nome. Os concellos galegos convocan cada ano o premio de novela Blanco Amor, co que foron distinguidas moitas das primeiras plumas galegas.

  HEMEROTECA
Síguenos en...
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya