Discreta, constante, capaz de rescatar do pó do esquecemento e de por orde nos milleiros de anacos da memoria, durmidos nos arquivos galegos, a académica, historiadora, e sobre todo arquiveira Olga Gallego (Ourense, 1923) recibiu onte "sorprendida e abrumada", dixo, o Premio Trasalba 2007,que otorga a Fundación Otero Pedrayo nun acto literario celebrado na casa museo de escritor en Trasalba, Amoeiro, e no que a homenaxeada, tivo que parar por veces o seu discurso, abraiada pola emoción".

Ducias de persoas desprazadas de toda Galicia participaron nun acto no que Olga Gallego adicou o premio a "todos los arquiveiros de Galicia", por traballar como fixo ela mesma "ao servicio do patrimonio histórico e documental de Galicia.

Estivo rodeada por Ramón Villares, Isaac Díaz Pardo, Víctor Freixanes, quen presentou o acto, ao que asistiron no eido político entre outros a conselleira de Cultura Anxela Bugallo e o presidente da Deputación, José Luis Baltar. O encargado de pronunciar ciar a laudatio adicada a Olga Gallego foi Pablo Sánchez Ferro, arquiveiro do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, cargo que ocupou Gallego d ata a súa xubilación.

Nun fermoso percorrido, non exento de cariño, amizade e admiración por Olga Gallego, Sánchez Ferro, foi degrañando a historia dunha muller cuia labor de rescate, organización, catalogación e divulgación como arquiveira, comezou en Vigo durante os seus anos como directora da Biblioteca Pública e o arquivo de Vigo, ao que hai que engadir numerosas publicacións e artigos e súa participación como socia ou cofundadora de númerosos colectivos culturais galegos.

Ao remate o propio Isaac Díaz Pardo fixolle entrega a Olga dun dibuxo da súa autoría, que situtuiu a tradicional xarra votiva que levan os premiados co Trasalba. Tamén recibiu o libro "Olga Gallego Domínguez. O tecido da historia", con anacos e fotos da súa vida .

O acto literario incluiu previamente a presentación dun novo libro de Ramón Otero Pedrayo: "Galicia e Europa", . O galés Craig Patterson, presentou ademáis, en perfecto galego, o libro da súa autoría o devalar da idea. Otero Pedrayo e a identidade Galega", fruto de cinco anos de investigación en torno a figura de Pedrayo que lle permitiron coñecer o"galeguismo optimista", e a gañar a praza de profesor na universidade de Cardif no País de Gales. Ademáis a Fundación Otero Pedrayo e Cultura firmaron onte un convenio polo que a consellería colabora no mantemento da casa museo.