Ramón Villares, presidente do consello da Cultura Galega: "Murado e Beramendi coinciden nun punto común nos seus libros que é Galicia"

 
Ramón Villares, durante a lectura do discurso. / jesús regal
Ramón Villares, durante a lectura do discurso. / jesús regal 

O Soño da febre, en narrativa, e De provincia a nación, en investigación, foron as obras premiadas

PATRICIA TORRES / OURENSE O Soño da febre, de Miguel Anxo Murado, e De provincia a nación. Historia do galeguismo político, de Xusto Beramendi, foron as dúas obras merecedoras do premio literario Antón Losada Diéguez, o primeiro na modalidade de narrativa e o segundo na de investigación, que xa vai pola súa vixesimoterceira edición e que foi entregado no día de onte e contou coa presenza, entre outros, de Ramón Villares, o presidente do Consello da Cultura Galega, que no seu discurso de entrega dos agasallos afirmou que "a pesar de ser dúas obras totalmente distintas, tanto Murado como Beramendi coinciden nos seus libros nun punto que é a Galicia", porque "no caso de Xusto, e despois de explorar moitos lugares, estar en Barcelona e no País Vasco, chega aquí, e Murado pola contra sae de Galicia e viaxa como é o seu caso a Oriente Próximo, pero sempre fai alusión á súa terra".
Nun acto celebrado no Pazo de Moldes, casa na que residiu o home que influi nalgúns escritores da Xeración Nós, animádoos para que escribisen en galego, foi numeroso o público asistente entre o que se encontraban os propios autores premiados, Ramón
Villares, así como o alcalde e a tenente de alcalde de Boborás, concello que este ano foi o encargado de organizar o evento e o de O Carballiño, ó igual que a súa concelleira de cultura, e os delegados de Cultura, Xosé Carlos Sierra e o de Industria e Innovación, Xosé Antonio Jardón. Falaron da importancia desta construcción, e do lugar no que estaban porque, xunto con outros como Rianxo, Cambados e Compostela, "é a cuna da cultura galega, entendida como a entendemos hoxe".
Pola súa banda, os premiados, en primeiro lugar Xusto Beramendi, afirmou que "é para min un honor recibir este premio polo significado e pola importancia da personaxe que lle dá nome ós mesmos", porque ademais "tiven a oportunidade de coñecelo, pero sobre todo de entablar relacións ca súa propia familia e durmir mesmo neste Pazo".
No caso de Miguel Anxo Murado, o autor destacou que "este é premio é moito máis do que todo o mundo pensa, este premio é o primeiro que recibo como escritor en lingua galega despois de levar un cuarto de século nela".
Ramón Villares rematou dicindo que o libro de Beramendi "será unha excelente obra de consulta e a de Murado, un conxunto de historias ó estilo de Anxel Fole".

  HEMEROTECA
Síguenos en...
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya