Galicia viva, máis alá do defenestrado legado simbólico dos museos. Nenos bailando danzas tradicionais, zoqueiros, ferreiros, artesáns que viven aínda dos vellos oficios recuperados e máis de 7.000 visitantes dispostos a disfrutar de Vilanova dos Infantes, que volveu a ser onte burgo medieval, na séptima edición da Romería Etnográfica Raigame, outro xeito de celebrar o Día das Letras Galegas.

Esta aposta, que como ben di Antonio Piñeiro, técnico de cultura do Concello de Celanova, "é xa unha cita consolidada, que converte cada rúa e cada praza de Vilanova durante todo o día nun esceario onde se amosa unha expresión cultural, ten moitas ofertas paralelas.

Non foi doado acadar a colaboración dos veciños na primera edición da romería, para que cederan gratuitamente para un fin, daquela descoñecido, os baixos das súas casas.

Agora máis de cuarenta tabernas e establecementos artesanais exhiben a súa mercancía fiandeira ou de lambetadas feitas a máis para disfrute.

Este pobo de rúas empedradas, que non supera durante o ano os 150 habitantes, transformase nun días como o de onte, xornada de homenaxe no Día das Letras Galegas, en dinámico punto de encontro de máis dun milleiro de rapaces apuntados nas escolas de música e danza tradicional en toda a provincia, que bailan e fan bailar ao público nun espectáculo de ledicia compartida.

Esta romería etnográfica Raigame, que organizan o Concello de Celanova e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo Deputación de Ourense, ten como di a cotiá Xulio Fernández Senra, un dos inspiradores de esta iniciativa, unha especial inquedanza por vincular aos cativos co futuro dunha festa que rinde homenaxe á súa língua, dun xeito diferente, promovendo a defensa da cultura, costumes e tradicións que dan soporte a un idioma.

Vilanova foi onte tamén corredor de políticos de todos os partidos, que pasaron "desapercibidos" porque, os donos de Galicia, raiña viva onte en Vilanova, son os galegos.