Para completar esta entrega imos repasar o periplo vital de esta compañía de Teatro de Títeres creada conxuntamente por Isabel Gil Villar e Magdalena Fernandez Requejo "Cuca", con base primeiro no Concello de Marin e logo na parroquia de Limens, en Cangas. Titirimaña, que xurde tamen do casual encontró entre duas mulleres que descubren conxuntamente a sua paixon polos títeres, crea catro espectáculos para público infantil e familiar o longo da sua traxectoria:

-C armiña Brañolas e as Tarrañolas; 2005-2008

Obra para Títeres de luva e duas actrices que fala de dous amigos, Carmiña e Charrasquiño, eles van polo mundo enteiro aprendendo historias e cancións para alegrarlle a vida a xente; na sua viaxe descubrirán máxicos persoaxes e instrumentos moi antigos que tocaran cos rapaces, trasladándose a un mundo fantástico onde teran que axudar os habitantes dunha cativa aldea, enfrontándose a un ogro e recuperando a auga que tanta falla lles fai.

Dirixida e interpretada por elas as duas, responsables tamén da iluminación e o vestiario, contaba como constructor dos títeres e a escenografía con Jose Luis Dozo, tamen nas labores de técnico, un rapaz moí creativo que as vai acompañar igualmente no seguinte proxecto.

- Xoaniña dentes verdes; 2008

Conto de medo para meniños a partir de cinco anos , quere concienciar sobre a importancia de lavar os dentes e manter unha boa hixiene bucal; sae unha bruxa terrorífica que leva a aqueles que non o fan: creación colectiva pensada para interior.

- Perico o carangexo ; 2009

Adaptación do conto do mesmo título orixinal de Amparo Gómez Cuerpo, que logo cedería os dereitos; busca ensinar o respeto e o cuidado da natureza a través dos animais mariños que viven nas pozas da Praia; a atractiva escenografía e o diseño de iluminación e persoaxes facían mergullar o público nos fondos mariños; , concebida especialmente para interior, guión, dirección e interpretación de Cuca e Isabel. Con esta obra producida pola editorial Ir Indo fixeron xira concertada por toda Galicia.

- A Argola Dourada; 2010

Encargo do Museo do Castro de Viladonga, en Lugo, no que fixeron campañas de animación durante catro anos con todos os seus espectáculos; conta o achádego de un torques por parte

de un paisano e outras lendas de tradición oral da zona adaptadas para público infantil; Creación, dirección e interpretación Isabel e Cuca tamén. Reproducia, entre outras cousas, un tear castrexo tradicional.

Titirimaña, que comezou sendo asociación pasaría logo a ser comunidade de bens e S.L, participando en todolos circuitos culturais dese tempo: Vai verán, Rede de Bibliotecas, guarderías e festivais, inaugurando o Festival de Títeres de Mondoñedo e estando presentes tamén no Titirídeza e nos " Títeres de verán" en Bueu varias edicións.

Como din elas, a compañía non desapareceu, está a durmir.