O concelleiro de Cultura doConcello de Cangas, Héitor Mera, foi certero á hora de definir a Festa da Cultura onde se entregan os premios Xohán de Cangas e Ignacio Cerviño. Dixo que era "o latexar deste pobo" . E onte non tivo miramentos para sinalar que Cangas era o epicentro da cultura morracense. Non se anduvo con diplomacia para manter contentos ós concellos limítrofes. Veuse arriba nun Auditorio Municipal menos poboado do que se esperaba (o bó tempo levou a moita xente á praia) e coa representación gubernamental e da oposición moi xusta. Os concelleiros do BNG, formación política á que que pertece o edil de Cultura, Héitor Mera, estaban todos presentes: Mercedes Giráldez, Xoán Carlos Chillón e María Lourdes Rial, que ocupaban praza na primeira fila, xunto co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, único representante de ACE, e a edil de ASpUN, Ánxela Vizoso. Por parte da oposición, o PP estivo representado por Pío Millán e Cangas Decide por José Luis Gestido, mentras que non hubo embaixadores do PSOE. En algunhas filas máis atrás fixo acto de presencia o responsabel local do BNG, Felipe Vilas.

Héitor Mera fixo un discurso no que salientou os numerosos actos que había en Cangas co gallo do Día das Letras Galegas edestacou a figura de María Victoria Moreno, como autora de literatura infantil, que soubo considerar intelixentes a os seus lectores. Este é o segredo do seu éxito, segundo Héitor Mera. O concelleiro tivo unha lembranza para o falecido gaiteiro cangués, Anxo Gago "Lito", a quen de seguido homenaxeou a Banda de Gaitas do Hío. A gaita do afamado músico púxose nunha cadiera en medio do escenario mentras tocaba a citada banda, denominada Cantos Rodados, composta por alumnos e pais de alumnos do CEIP do Hío. O grupo tocou as pezas "A Muñeira de Pinténs", composta polo propio Anxo Gago e o pasodobre de San Roque. Ao finalizar, o fillo de Anxo Gago retirou a gaita da cadeira.

O primeiro premio da noite, Ignacio Cerviño á protección doPatrimonio, entregouno a edil Ánxela Vizoso (ASpUN) ó profesor Anselmo López, quen non poido separarse da súa faceta docente para lembrar que cuando estaba preparando a tesina en Santiago estaba polo día metido nos arquivos e polas noites realizaba pintadas contra Franco. Na súa su opinión esa é a visión global que hai que ter en patrimonio.

A Héitor Mera tocoulle entregar o premio Xohán de Cangas ácreación artística, que este ano recaeu no gravador Leonardo Rial, que dedicou o premio os seus veciños, "a miña xente". E foi o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, quen entregou o premio Xohán de Cangas á Labor Cultural a Luis Carballo, fundador do Canjazz, de tanto éxito. Quixo abundar que o premio que recibía era compartido por toda a xente da música e destacou a importancia que a música teña esta visualización que onte se lle daba. Mentras realizaba o discurso, a coral Lestonnac esperaba no escenario para interpretar outra peza. O alcalde falou despois. Falou que parecía Celso Emilio Ferreiro. Soñou cun país normalizado, onde o Día das Letras Galegas fose unha festa, non só un día festivo. Expresou o seu desexo que nun día, nunun país normalizado, non haxa que facer manifestacións para defender a lingua galega e presupostos para a cultura gallega. Mencionou despois que coñeceraá homenaxeada no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, cando o compañeiro Xesús Alonso Montero presentouna un día nun acto. Afirmou que era o exemplo contrario de moitos galegos. "Ela, que viu de fora, foi quen de amar a nosa lingua, a nosa cultura".

O acto de entrega de premios, presentado polo actor Lois Soaxe, finalizou coa sobria coral Lestonnac entonando o himno galego, ao que se sumou todo o público congregrado no Auditorio. Uns o entonaban mellor que outros. E a parte prohibida non a sabían moitos.

O grupo de danza galega "Trébede" deixou coa boca aberta a máis de un. O seus membros mantiñan ben a formación e bailaban con dulzura, sen baixar os brazos. Deixaron un moi bo sabor de boca entre o público e seriviron para dar alegría a unha gala demasiado serena.