Músico, percusionista, profesor do Conservatorio e da Escola de Música de Cangas, e sobre todo, a persoa que recuperou nos anos 70 o festival de Jazz de Cangas, o Canjazz que converteuse en toda unha marca desta vila. Luis Carballo (Cangas, 1974), recibe hoxe o Premio Xohán de Cangas ó Labor Cultural. Impulsor do jazz en Galicia, creou no ano 2000 a Big Band con alumnos e exalumnos do Conservatorio e no 2001 montou o seminario permanente de jazz en Cangas que un ano despois trasladouse a Pontevedra. No 2013 cedeu a dirección do Canjazz aos actuais responsables Iago Fernández e Xan Campos, que se iniciaron con el na música.

-Como foi o seu inicio co jazz?

-Desde pequeno, era músico por medio da miña familia e sempre existió una afición ó jazz. Foi funcionando a base da música, daquela era máis a fusión e despois estudando. En Cangas sempre estivo latente o jazz. Recordo estar vendo unha actuación na discoteca Thais e eramos tres. Eu era un rapaz de 17 ou 18 anos. O jazz sempre estivo, a cuestión foi que logramos relanzarlo e facer unha canteira de músicos.

-Vostede recuperou o Festival de Jazz nos 70.

-Houbera unhas edicións no 79 e no 81 e alí un pouco, parou no 87. Viño Tete Montoliu. Nas Festas do Cristo sempre se programaba o jazz e no ano 2000, ó facer a Big Band, a comisión de festas propuso facer un concerto coa banda. Tocamos e, no 2001, baixo o nome de Canjazz, que foi unha invención miña, empezamos o festival no adro da igrexa, xa con formato de festival, de tres días, dentro do programa das festas. Despois nos trasladamos ao Eirado do Costal, sempre con a Big band como protagonista. A banda cesou no 2003 e no 2004 seguimos co festival e empezaron a chegar grandes artistas. Os momentos má álgidos estamos a falar no 2008 cando estivo Marcus Strickland. Houbo festivais xeniais no 2006 e foise asentando na xente. A miña labor foi recuperalo, darlle unha consistencia a base de músicos galegos.Pero non me inventeu nada. En Cangas había espíritu de jazz e había que potencialo.

-Por que deixou a dirección?

-O primeiro que pensei foi que o ciclo acababa, que había un relevo xeneracional por parte de músicos, xa que para min sempre foi un festival que tiña que partir dos músicos e había que facer canteira. Xan e Iago eran dignos sucesores. Nos últimos anos sufrimos moitos recortes, non vivía en cangas e o festival me levaba todo o verano. Propúxenlles a eles e aceptáronno e o fan con dignidade. O festival tiña que seguir e que non se tomara como algo personal xa que os festivais non deben estar asociados a unha persoa. Non deixei un festival senon que din paso a músicos involucrados con gañas de facer o seu proxecto e o Canjazz segue a ser unha marca de Cangas que hai que explotar.

-Que supón este premio para vostede?

-Unha alegría. O que se premia con esto son cousas que veñen de moi atrás. Pero cando empezas a facer estas cousas non pensas en premios nin nada.