O adro de Sanamedio volve a acoller hoxe a popular romaría das Letras Galegas, que por segundo ano inclúe un festival organizado polo grupo Pais de San Roque. As actividades comezarán a partir das 12.00 horas, co pregón da mestra Nela Álvarez. Ao longo da xornada haberá actuacións musicais de Os Liboreiros, Grupo María Soliña, Trikoloma, Os Chaneiros de Marín, Retrouso, Os Mulos, Pais de San Roque e un festival infantil. A programación consta tamén de contacontos, xogos populares, un concurso de debuxo e un recital poético de Míriam Ferradáns (ás 13.30 h). No adro haberá cantina, postos de artesanía, tómbola e sorteos.

Por outra banda, a programación ao redor das Letras Galegas incluiu onte unha representación teatral no Centro Social do Mar. Limiar Teatro presentou "Angnórise", unha obra que estaba baseada nun dos traballos máis coñecidos de María Victoria Moreno.